FTA rexeita a decisión da UE de retirar os aranceis ao atún producido en Papúa Nova Guinea
Escrito por FTA   
lunes, 28 de septiembre de 2009

UGT rexeita a decisión da UE de retirar os aranceis ao atún producido en Papúa Nova Guinea

UGT manifesta o seu rexeitamento ante a decisión da UE de retirar os aranceis ao atún producido en Papúa Nova Guinea. Unha decisión que pon en perigo un sector estratéxico en Galicia como é o da conserva.

Esta decisión aposta pola explotación laboral, o incumprimento das normas sanitarias e a baixa calidade dos produtos fronte á aposta que fan as empresas galegas polo I+D+i, a diversificación e a optimización de recursos.

Indefensión e agravio comparativo

Esta medida produce unha total indefensión ante un agravio comparativo sen precedentes. O impacto desta decisión pode ser devastador, producíndose unha importante perda de empregos para Galicia, onde se asenta o 70 por cento do peso da conserva española.

FTA-UGT lembra que o presidente da Comisión Europea, José Manuel Durao Barroso, remitiu unha carta ás empresas conserveiras galegas nas que lles recomenda a súa implantación en Papúa Nova Guinea para aproveitar este acordo entre a UE e o país do sur do Pacífico.

Ante tal situación, UGT esixe que se paren inmediatamente estes acordos antes de que as consecuencias sexan irreversibles para o sector en Galicia.

Modificado o ( martes, 11 de diciembre de 2012 )