| Residencia Oleiros |
| Escrito por FSP | |
| martes, 23 de junio de 2009 | |
UGT denuncia as condicións de traballo insoportables dos traballadores/as da lavandaría da Residencia de Oleiros da Xunta de GaliciaA Federación de Servizos Públicos da Unión Xeral de Traballadores da Coruña denuncia que os traballadores/ás da Lavandaría da Residencia da Xunta de Galicia de Oleiros soportaron o pasado Domingo temperaturas de 30ºC durante todo o día...
A FSP-UGT xa reclamara o pasado ano 2008 ao Director da citada Residencia que se adoptasen medidas para solucionar os problemas de altas temperaturas que sofren os traballadores da Lavandaría da Residencia. Ante a falta de solucións, o Sindicato UGT interpuxo denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social, a cal requiriu á Dirección do Centro para que solucionase o problema, o cal non se cumpriu á vista do sucedido durante o fin de semana. Dende o Sindicato UGT afirman que nos tememos que os/ás traballadores/ás van a vivir todo o verán deste ano, que se prevé caloroso, unhas condicións insoportables de altas temperaturas, o cal prexudica gravemente a súa saúde, xa que a estas temperaturas hai que sumar os vapores que emanan das máquinas da Lavandaría e os olores que emanan da roupa sucia, con restos de todo tipo, dos residentes. " A falta de medidas que solucionen este problema xerou un enorme malestar nos traballadores que se temen que van sufrir estas molestias durante todo o verán, sen que a Dirección do Centro achegue solución ningunha. Segundo o Sindicato UGT, o problema deriva do feito de que o Tellado da Lavandaría de Oleiros é de plástico transparente e converte en lugar de traballo nun verdadeiro "invernadoiro" que concentra toda a calor do sol. "É como traballar dentro dun microondas", afirman os Delegados Sindicais e UGT na citada Residencia. Dende UGT demandan unha solución urxente e inmediata antes de que os traballadores se van obrigados a adoptar medidas de presión que puidesen repercutir nos anciáns Residentes na citada Residencia. |
|
| Modificado o ( sábado, 27 de junio de 2009 ) |