Conflito Xustiza
Escrito por FSP   
jueves, 04 de junio de 2009

Os funcionarios da Administracion de Xustiza non traballan para o Servizo de Correos.

 -Piden que medie a Xunta ante Correos-

A xunta de persoal de administración de Xustiza agarda dende o mes pasado á que nova Xunta medie ante a empresa de Correos para solucionar o problema que se produce agora coa correspondencia. Os sindicatos, que denunciaron que as cartas enviadas dende os xulgados veñen devoltas, afirman que esperarán ata o día 12, cando se reúne a mesa sectorial, para ver se o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, escoita as súas reclamacións...

                                          
A Xunta bipartita asinou hai ano e medio un convenio con Correos para encargarse do servizo de correspondencia, polo que os funcionarios non tiñan que encargarse de selar as cartas, pois a compañía pasaba directamente a factura á administración pública. Non obstante, Correos empezou a devolver as cartas aos xulgados porque van sen selo, segundo denuncian dende a xunta de persoal, o que supuxo un maior colapso no funcionamento dos tribunais. "Non" é "algo que teñan que facer os funcionarios. Non é unha función nin unha laboral dos empregados de Xustiza", destaca Pedro Galán, voceiro da xunta de persoal.


Galán lamenta o atraso co que actúa o novo Goberno galego, pois recorda que se informou do problema o delegado provincial, Diego Calvo, hai "oito ou nove días", para que se puxese en contacto con Correos e "establecer unha moratoria", é dicir, que Correos recollese a correspondencia como facía antes. A xunta de persoal dá agora de prazo ata o 12 de xuño, cando está previsto que o conselleiro de Presidencia acuda á mesa sectorial.

Modificado o ( jueves, 11 de junio de 2009 )