Recoñecemento a Concha Espinosa
Escrito por FETE UGT   
miércoles, 01 de octubre de 2008

concha espinosaRecoñecemento de UGT ao labor de Concha Espinosa Jiménez

 

UGT quere render unha homenaxe á nosa compañeira Concha Espinosa Jiménez, Secretaria de Ensino Universitario de FETE-UGT, que faleceu a pasada semana e a vida da cal é un exemplo para todos de compromiso sindical e social.

 

Destacamos a súa forte aposta por un modelo de educación progresista, defensor da igualdade de dereitos e oportunidades no acceso á educación, unha educación de calidade.

Convencida da importancia da formación para o desenvolvemento deste país, a súa aposta traduciuse, no día a día, nunha defensa tenaz e constante dos dereitos dos traballadores.

Dende UGT recoñecemos a grande achega profesional, sindical e social de Concha a esta organización.

Modificado o ( miércoles, 01 de octubre de 2008 )