Milleiros de persoas saíron á rúas o 1º de maio na Coruña
Escrito por UGT Coruña-Cee   
miércoles, 02 de mayo de 2018

Milleiros de persoas saíron á rúas o 1º de maio na Coruña na manifestación convocada por UGT e CCOO

Milleiros de persoas saíron o 1º de maio á rúa na manifestación convocadas por CCOO e UGT baixo o lema «Tempo de gañar, igualdade, mellor empleo, mayores salarios e pensións dignas».

José Carrillo e  Cristóbal González Triñanes, dirixentes dos dous sindicatos comarcais, demandaron ao goberno e á patronal que, nesta etapa de recuperación económica, a negociación colectiva reflicta una mellora substancial dos salarios en xeral e dos máis baixos en particular, con cláusula de garantía para protexer o poder adquisitivo fronte a un aumento excesivos dos prezos dos produtos de consumo. Tamén esixiron o aumento dos compromisos empresariais en relación coa estabilidade e calidade do emprego, a redución das desigualdades, a protección da saúde e o investimento produtivo.

 En palabras de Carrillo "O 14℅ dos traballadores e traballadoras en España son pobres por culpa dun goberno que da as costas a quen fixo o maior esforzo da crise"

"Non e unha crise, e unha estafa!" Milleiros de persoas na Coruña saen a rua para criticar unha reforma laboral en contra da clase obreira

Actualmente,nove de cada dez contratos son temporais e a súa duración media é cada vez menor: case a cuarta parte deles duran menos dunha semana. A contratación a tempo parcial, na maioría dos casos involuntaria,gañou peso nestes últimos anos. As mulleres son as principais prexudicadas desta situación. Ademais, o 77 % do emprego a tempo parcial está ocupado por mulleres e a fenda salarial de xénero provoca que deixen de percibir, por un traballo igual ou de superior valor, case 5000 euros anuais.

 Máis pobreza e desigualdade

A desigualdade e a pobreza acadan niveis moi superiores aos que había antes da crise. A pobreza cronificouse: 67.500 fogares teñen todo sos seus membros activos en paro e 34.700 persoas carecen de ingresos.O emprego crece, pero á custa de maior precariedade, pois segue aumentando o número de persoas en risco de pobreza.

Recuperara negociación colectiva

Ante esta situación, os secretarios xerais de UGT e CCOO reivindicaron a necesidade de «revitalizar» a negociación colectiva, para que nela se reflicta unha «mellora substancial» dos salarios en xeral e dos máis baixos en particular, con cláusula de garantía para protexer o poder adquisitivo fronte a un aumento excesivos dos prezos dos produtos de consumo. Como exemplo puxeron o recente acordo asinado no ámbito do emprego público para a recuperación salarial e da estabilidade do emprego.

 

Pensións dignas e de calidade!

UGT e CCOO demandan dereitos salariais e pensions dignas nunha manifestación que aúna reivindicacións sociais como a protestas por unhas pensións dignas que encabeza UGT dende hai case dous anos, a loita pola igualdade do movemento feminista ou a loita contra a violencia de xénero. 

Un seguemento da manifestación pode verse no twitter de UGTCoruña: https://twitter.com/UGTCoruna

 

 

Modificado o ( miércoles, 02 de mayo de 2018 )