Multitudinaria manifestación dos traballadores da Xustiza galega
Escrito por UGT XUSTIZA   
miércoles, 25 de abril de 2018

Multitudinaria manifestación dos traballadores da Xustiza galega para demandar unha solución ao conflito e o fin da discriminación laboral e salarial que sofrenMultitudinaria manifestación dos traballadores da Xustiza galega para demandar unha solución ao conflito e o fin da discriminación laboral e salarial que sofren


​Miles de traballadores da Xustiza galega mobilizáronse este sábado polas rúas de Santiago, cando se cumprían dous meses do inicio da folga indefinida no sector contra a discriminación laboral e salarial que sofren.

Lembrar que xa van dous meses de folga, de mobilizacións continuas e sostidas no tempo e de xuntanzas coa Xunta sen solución ao conflito.

Os traballadores da Xustiza galega insisten en demandar da Xunta unha solución digna que remate coa discriminación salarial e laboral que sofren.

Á vista de que a Xunta non pon enriba da mesa unha proposta que remate xa con esta situación de discriminación, a folga continúa e as mobilizacións. 

A manifestación saíu ás 12.00 horas da Alameda compostelana e rematou na Praza da Quintana.
Modificado o ( miércoles, 25 de abril de 2018 )