Miles de persoas mobilízanse en Santiago contra a discriminación laboral na Xustiza galega
Escrito por UGT Coruña-Cee   
martes, 27 de febrero de 2018

Miles de persoas mobilízanse en Santiago contra a discriminación laboral na Xustiza galega                        Miles de persoas mobilízanse en Santiago contra a discriminación laboral na Xustiza galega

                                             Os traballadores levan dende o 7 de febreiro en folga indefinida

​Miles de persoas saíron ás rúas compostelanas o pasado día 24 para a denunciar a discriminación que sofren os traballadores da Xustiza galega en relación aos seus compañeiros dependentes doutras administracións autonómicas.

Reclaman que se iguales as súas condicións salariais e sociais xa porque a igual traballo iguales dereitos.

Os traballadores da Xustiza galega xa levan dende o 7 de febreiro secundando, de xeito masivo día tras día, a folga indefinida convocada por FeSP-UGT, xunto co resto dos sindicatos que os representan.

A folga indefinida na Xustiza galega continúa cun seguimento masivo e sen fisuras por parte dos traballadores do sector.

Os traballadores afirman que non decaerán no ánimo mobilizador ata que a Xunta non se sente a negociar cunha proposta seria por diante. Os puntos de desencontro continúan aí e a Xunta non achega nada para pechalos, polo que a folga continuará. A última oferta achegada pola Xunta na reunión da EGAP non fai unha proposta suficiente para poñerlle fin a esta folga.


Non existe o compromiso de eliminar os descontos por IT (a pesar de que xuices e secretarios non os sofren); en materia económica os sindicatos demandan situar aos traballadores da Xustiza galega na media do resto do Estado e a Xunta fai unha proposta que non inclúe as medias reais, senón unha interpretación interesada das mesmas. No CGRL xa había un acordo para restituír as 106 prazas destruídas nestes anos, de novo a Xunta obvia comprometerse de forma clara neste senso; en canto á necesidade de aboar as substitucións dun corpo superior, tampouco existe un compromiso concreto; e tampouco quere concretar a Xunta un acordo sobre a creación das prazas pendentes.
Modificado o ( jueves, 01 de marzo de 2018 )