Miles de persoas mobilízanse en Galicia por unhas pensións públicas dignas
Escrito por UGT Coruña-Cee   
jueves, 15 de febrero de 2018

Miles de persoas mobilízanse en Galicia por unhas pensións públicas dignas

Miles de persoas mobilízanse en Galicia por unhas pensións públicas dignas

 Miles de persoas participaron este xoves, día 15, nas concentracións convocas por UGT e a UXP, xunto con CCOO, nas cidades galegas (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo), do mesmo xeito que se fixo no resto do Estado. ​

As mobilizacións, que se enmarcan dentro da campaña posta en marcha por UGT #LazonMarrón contra a miserable subida do 0,25% das pensións para este ano, queren denunciar que o Goberno fomenta os plans de pensións privados mentres recorta as pensións públicas. O sindicato considera fundamental protestar contra o  empobrecemento duns pensionistas que perden poder adquisitivo por segundo ano consecutivo e esixir un modelo público de pensións eficaz e eficiente que é incompatible coa reforma aprobada polo Partido Popular en 2013.

A cidadanía mostrou a súa indignación cunhas medidas que nos afectan a todos, xa que o índice de revalorización e o factor de sustentabilidade supoñen a curto e medio prazo un recorte das pensións presentes e futuras e aféctannos a todos.

Derrogar a reforma e as medidas postas en marcha polo Goberno
 
Hai que unir forzas para lograr que se derroguen a reforma e as medidas postas en marcha polo Goberno e que se afronten solucións reais que aumenten o poder adquisitivo dos pensionistas e garantan a viabilidade do sistema público de pensións. UGT insiste na necesidade de reclamar a reforma inmediata das fontes de financiamento do Sistema vía impostos, erradicar o déficit da Seguridade Social terminando coas bonificacións á contratación, financiando os gastos da Seguridade Social desde os  PXE e  destopando as bases de cotización.
Modificado o ( jueves, 22 de febrero de 2018 )