UGT CHAMA Á PARTICIPACION NA MANIFESTACION DO 4-F CONTRA A REFORMA DA SANIDADE
Escrito por UGT Coruña-Cee   
lunes, 29 de enero de 2018
MANIFESTACIÓN PARA DEFENDER A NOSA SANIDADE PUBLICA: NON A ESTA LEI DE SAUDE!

 

Foto de FESP UGT Galicia. Saúde.
A modificación da Lei 8/2008, de Saúde de Galicia, que pretende o goberno do Partido Popular, incrementa cualitativamente a deterioración da sanidade pública en beneficio da sanidade privada, ao reducir o número de Áreas sanitarias, afastan os servizos dos territorios onde existe maior dispersión, peores condiciones socio-laborais, incrementos de poboación de carácter estacional e peores vías de comunicación.
 
A Xestión afástase dos territorios e da cidadanía, que xa non vai ser oída nin para expresar cales son as súas necesidades de saúde.

Este goberno non cre na participación social, nin sequera en órganos consultivos.

Reduce os ámbitos electorais de 10 a 7, coa consecuente redución do número de representantes lexítimos das persoas traballadoras do sistema, co que o goberno consegue outro dos obxectivos da súa folla de ruta, a diminución de denuncias da deterioración do sistema por parte da representación das traballadoras e traballadores.

Ante esta nova agresión á Sanidade Pública, UGT empraza a participación activa na manifestación que se realizará en Santiago día 4 de febreiro que sairá da Alameda de Compostela, como medida de presión para que se retire a reforma da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia.

 O camiño para preservar o no noso Estado de benestar pasa por unha rectificación, tanto das políticas europeas, que impoñen a redución do financiamento dos servizos públicos, como dos gobernos dos diferentes ámbitos que as aplican da forma máis antisocial posible.

En materia de saúde, dende a toma de posesión deste goberno galego, iníciase un velado cambio na política sanitaria que se caracterizou por reducir a capacidade resolutiva da atención primaria, que non podemos esquecer que é a porta de entrada no sistema sanitario e a que está máis preto da cidadanía, aparcando e conxelando o desenvolvemento do Plan Mellora de Atención Primaria, co que a consellería deixo claro que a súa intención non pasaba por apostar pola mellora da eficiencia da Atención Primaria. Posteriormente, a Lei de Garantías de prestacións sanitarias, Lei 12/2013, supón outra volta de torca que favorece de forma significativa a derivación de pacientes desde o servizo público de saúde á sanidade privada.


O colofón, a modificación da Lei 8/2008, de Saúde de Galicia, incrementa cualitativamente a deterioración da sanidade pública en beneficio da sanidade privada. Ao reducir o número de Áreas sanitarias, afastan os servizos dos territorios onde existe maior dispersión, peores condiciones socio-laborais, incrementos de poboación de carácter estacional e perores vías de comunicación. A Xestión afástase dos territorios e da cidadanía, que xa non vai ser oída nin para expresar cales son as súas necesidades de saúde. Este goberno non cre na participación social, nin sequera en órganos consultivos. Outro efecto non menos importante, é a redución de ámbitos electorais de 10 a 7, coa consecuente redución do número de representantes lexítimos das persoas traballadoras do sistema, co que o goberno consegue outro dos obxectivos da súa folla de ruta, a diminución de denuncias da deterioración do sistema por parte dos representantes dos traballadores.


Ante esta nova agresión á Sanidade Pública, a FeSP UGT Galicia empraza a participación activa na Manifestación o día 4 de febreiro, que sairá da Alameda de Compostela, como medida de presión para que se retire a reforma da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia, e os actos preparatorios das plataformas comarcais do día 24 de xaneiro.

Modificado o ( miércoles, 07 de febrero de 2018 )