Masiva manifestación en defensa dos postos de traballo de FERROATLÁNTICA
Escrito por UGT Coruña   
lunes, 13 de marzo de 2017

Masiva manifestación en defensa dos postos de traballo de FERROATLÁNTICA

Preto de 7.000 persoas secundaron a marcha dos traballadores da central de Ferroatlántica pola vila de CEE 

 

 O Comité de empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría, convocou o venres 10 de marzo, unha manifestación que partiu desde a fábrica de Brens e rematou na praza do Concello de Cee; como resposta ao anuncio de venda das Centrais hidroelécticas dos ríos Xallas e Grande que a empresa pretende realizar.

Baixo o lema "As centrais non se venden,o futuro da comarca está en xogo" miles de persoas percorreron as rúas de Cee demandando á Xunta de Galicia que se pronuncie claramente e que aposte polo mantemento dos postos de traballo na Costa da Morte.

A manifestación coincidiu tamén coa convocatoria dunha xornada de folga, que foi secundada polo 90% dos traballadores da fábrica así como polas empresas auxiliares que aoomenten a construcción das tres minicentrais no río Xallas.

 

Modificado o ( viernes, 17 de marzo de 2017 )