Concentracións ante a sede provincial da Xunta para demandar a recuperación dos dereitos roubados ao
Escrito por FeSP-UGT   
martes, 31 de enero de 2017

Concentracións ante a sede provincial da Xunta para demandar a recuperación dos dereitos roubados aos empregados públicos galegos


CCOO e UGT celebraron hoxe día 31, entre as 11 e as 12 horas, concentracións diante da sede provinciail da Xunta na Coruña para demandar a recuperación dos dereitos roubados aos empregados públicos galegos, todo o persoal funcionario, laboral e estatutario dependente da Xunta. Estas mobilizacións están encadradas na campaña “Servizos públicos. Recuperación de dereitos roubados”, que ambos sindicatos están a desenvolver e que se abriu o día 25 cunha concentración diante do Parlamento galego e que continuará nos vindeiros días con novas convocatorias.
 
É unha campaña de mobilizacións en defensa do dereito a negociación colectiva e recuperación de dereitos, emprego e salarios que afecta ao ensino, sanidade e Administración autonómica. De feito, no eido sanitario tamén está prevista o día 1 unha concentración a partir das 11.00 horas diante da explanada do Sergas.
 
Os sindicatos consideran que se se está na senda da recuperación económica chegou tamén o momento da recuperación para os empregados públicos, tras máis de oito anos de recortes de dereitos, rebaixas salariais, destrución de emprego e privatización de servizos.
Modificado o ( martes, 14 de febrero de 2017 )