Manifestación dos traballadores/as de Teleperformance o venres 31 ás 12.00
Escrito por FTCM- A Coruña   
miércoles, 29 de mayo de 2013
Manifestación do plantel de Teleperformance o venres 31 ás 12.00

A eliminación do servizo de Atención ó Cliente de Unión Fenosa Comercial destrúe emprego en A Coruña.

O comité de empresa de Iberphone S.A.U. - Teleperformance A Coruña ven de convocar para o vindeiro Venres 31 de Maio unha nova Xornada de Folga Parcial dende ás 12:00 ás 14:00 horas na quenda de mañá, e de 18:00 a 20:00 horas na quenda de tarde.

Da mesma maneira, convoca unha Manifestación para o vindeiro Venres 31 de maio ás 12:00, que discurrirá dende o centro de traballo na rúa Newton No 5, pasando pola Avda. de Finisterre ata chegares á Oficina de Atención Presencial de Gas Natural Fenosa na rúa Fernando Macías No 4.

O motivo das movilizacións convocadas, é o de solicitar de Gas Natural Fenosa que mude a súa decisión e reconsidere o feito de que a Atención Telefónica ó Cliente no Mercado Liberalizado se preste dende A Coruña e en galego.

Mantemos a opinión de que é unha cuestión de vontade e non de capacidade; de vontade por parte de Gas Natural Fenosa de mante-los postos de traballo en A Coruña, e non de capacidade, que ten máis que demostrada o persoal que presta o servizo en A Coruña.

Para ilo, contamos co apoio de todos os grupos políticos do Concello de A Coruña, que o teñen amosado dende o comezo do conflito, e que están a elaborar un documento conxunto en defensa dos postos de traballo do persoal de Teleperformance.

Pola nosa parte, o que solicitamos do alcalde e os grupos municipais, así coma do presidente da Xunta e os grupos parlamentarios, é que traten de negociar, convencer, persuadir e presionar, na medida do posibel, a Gas Natural Fenosa para que reconsidere a súa decisión, e conquerir o mesmo que motiva as movilizacións levadas adiante por iste Comité: Que a Atención Telefónica ó Cliente no Mercado Libre se preste dende A Coruña e en galego.

Modificado o ( miércoles, 29 de mayo de 2013 )