premios e concursos artísticos da Deputación da Coruña
Escrito por Xuventude   
jueves, 28 de febrero de 2013

Convocatoria dos premios e concursos artísticos da Deputación da Coruña

 

  • VIII Premio Jesús Núñez de arte gráfica, dotado con 6.500 euros para a obra gañadora, ademais da organización dunha exposición no CIEC, unha exposición itinerante e unha bolsa para a matrícula do máster do CIEC.  Plazo de envío das obras do 1 ao 29 de xuño de 2013.

  • VIII Premio Castelao de banda deseñada, dotado con 6.500 euros, a edición da obra premiada e a posta en marcha dunha exposición itinerante polos concellos da provincia.

  • X Premio Andrés Gaos de composición musical, tamén dotado con 6.500 euros e a estrea da obra gañadora. (Fin do plazo para a presentación de solicitudes 15 de julio de 2013).

  • XVI Premio Rafael Dieste de teatro, coa mesma dotación económica e tamén coa publicación e a estrea da obra gañadora. (Fin do plazo para a presentación de solicitudes 5 de abril de 2013).

  • V Concurso de Rock Deputación da Coruña, no que se premian os cinco primeiros clasificados, que logo participan nun concerto que tamén organiza a Deputación. (Fin do plazo para a presentación de solicitudes 15 de maio de 2013).

  • IX Premio de Ensaio Manuel Murguía, que premia as obras centradas nalgún feito histórico referido a Galicia. O premio é de 6.500 euros e a edición da obra gañadora. (Fin do plazo para a presentación de solicitudes 20 de agosto de 2013).

  • IX Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil en galego, co mesmo premio ca o anterior. (Fin do plazo para a presentación de solicitudes 5 de abril de 2013).

  • XIII Certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas, que implica a compra por parte da Deputación da obra gañadora, por un importe máximo de 45.000 euros. Tamén conta con exposición colectiva itinerante. (Fin do plazo para a presentación de solicitudes 15 de abril de 2013).

  • IV Premio Rosalía de Castro, este ano por primeira vez cunha dotación económica de 4.500 euros. (Fin do plazo para a presentación de solicitudes 30 de abril de 2013).

  • XXV Premio Torrente Ballester de narrativa, dotado con 25.000 euros e edición da obra. (Fin do plazo para a presentación de solicitudes 1 de xullo de 2013).

Modificado o ( jueves, 28 de febrero de 2013 )