17 de maio, Día das letras galegas
Escrito por UGT Coruña   
jueves, 17 de mayo de 2012
17 de maio, Día das letras galegas

Este 17 de maio, Galicia celebra o seu Día das letras galegas, adicado á figura de Valentín Paz Andrade.

 

A lingua e a cultura son os valores máis representativos da identidade dun pobo. Como manifestación de cidadanía responsable, os traballadores e traballadoras galegos somos depositarios deste patrimonio e asumimos a responsabilidade de coidalo, protexelo e difundilo...


Un ano máis, reiteramos a demanda dunha normalización completa e real da lingua galega, para elo, é fundamental o compromiso polo fomento e impulso de medidas que protexan, estimulen e favorezan o emprego do noso idioma en calquera contexto e eido social.

Xa dende hai máis de 20 anos desenvólvense políticas e accións neste senso, con todo, aínda non se obtiveron os froitos desexados en termos de normalización no uso, incluso nalgúns casos obsérvase un retroceso preocupante, non só no grao de uso, senón tamén no relativo a lexislación e recursos públicos asignados.

no eido do ensino, UGT reitera que o dereito ó uso da lingua galega implica garantir que se acaden competencias plenas para o seu dominio durante as etapas de ensino obrigatorio. Nos outros eidos da sociedade, hai que promover o seu uso cotián, por exemplo, no eido das administracións públicas e culturais. Por todo isto, non ten cabida unha utilización instrumentalizada do idioma por parte das forzas políticas.

UGT lamenta que os dereitos lingüísticos se utilicen no debate político como mero moitvo de confrontación e aposta porque, máis cedo que tarde, se recuperen os consensos políticos desexables.

A lingua debe ser sempre canle de comunicación entre persoas e un elemento que propicie a concordia, a unión, a convivencia e a cohesión social. Nunca debe ser utilizada como instrumento de confrontación ou de fractura social.

UGT insta á cidadanía a exercer libremente os seus dereitos lingüísticos e esixir das administracións o cumprimento das obrigas que en materia de lingua se consagran no Estatuto e na Constitución; a propiciar a promoción da lingua e da cultura galegas e a exercitar con orgullo a súa condición de cidadáns libres.

Dende UGT, con ocasión da celebración do 17 de maio, animamos á cidadanía galega a que continúan defendendo e espallando o gran valor que representa a lingua, como un patrimonio que nos axuda a comprender o mundo e que é parte importante da nosa vida.

 

Modificado o ( jueves, 17 de mayo de 2012 )