| Sinistralidade laboral |
| Escrito por UGT Coruña | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| miércoles, 25 de abril de 2012 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Un ano máis, no 28 de abril, Día internacional da seguridade e saúde no traballo, dende UGT-Galicia recordamos ás traballadoras e aos traballadores que perderon a súa saúde e a súa vida como consecuencia das condicións nas que desenvolveron a súa actividade profesional e reivindicamos, fronte a empresas e a poderes públicos, unhas condicións de traballo dignas, seguras e saudables... Coma cada ano, conmemorar o 28 de abril, ten un dobre obxectivo, para a nosa organización sindical: a lembranza e recoñecemento ás persoas que perderon a vida e a saúde no traballo baixo unhas condicións inadecuadas e, precisamente, por iso, a ocasión de evidenciar que os danos derivados do traballo son evitables e que os empresarios e poderes públicos teñen grandes responsabilidades na súa prevención. Este ano, ven marcado polo deterioro constante das condicións de traballo que cobrouse día a día importantes cifras de destrución de empregos e alimentou os recortes nos dereitos dos traballadores e a precarización das relacións laborais, así como, pola redución dos recursos dedicados á prevención de riscos nas empresas que inevitablemente están a supoñer un quebranto na saúde e na seguridade dos traballadores e traballadoras. Dende UGT vimos alertando dende o inicio da crise das terribles consecuencias que poden ter para a saúde laboral a tentación dos empresarios de non considerar prioritarios os investimentos en prevención, así como, dos recortes nesta materia efectuados por parte das administracións públicas. Unha vez máis, o escenario que se nos presenta en Galicia ante a conmemoración do 28 de abril é novamente moi preocupante. Os datos estatísticos do ano 2011 así o reflicten, xa que Galicia continúa a ser unha das comunidades autónomas que supera sistematicamente a media estatal do índice de incidencia de accidentes laborais con baixa (3.440 traballadores accidentados por cada 100.000 de media estatal fronte aos 3.694 en Galicia) , e volve a ser a Comunidade con maior índice de incidencia de accidente graves, prácticamente duplicando a media estatal (30,41 de media estatal fronte aos 58,46 de Galicia), así como, é a segunda Comunidade do Estado no índice de incidencia de accidentes mortais, superando a media estatal en máis de dous puntos (3,75 de media estatal, fronte aos 6,15 de Galicia). OS ÍNDICES DE SINISTRALIDADE SEGUEN A SER MOI ELEVADOS, PESE Á EXPULSIÓN DO MERCADO LABORAL DOS TRABALLADORES CON MAIOR RISCO DE ACCIDENTABILIDADE Cómpre ademais ter en conta que durante os últimos dous anos, debido á crise económica, diminuíu a man de obra en sectores de maior risco e accidentabilidade, á vez que se expulsou do mercado aos traballadores temporais ou que reforzaban as demandas en momentos de maior intensidade de traballo. Polo que respecta ás enfermidades profesionais, en termos absolutos, seguimos moi lonxe do declarado no 2006, data na que se produciu a reforma do cadro de enfermidades profesionais, pola clara infradeclaración existente e a ocultación de danos consecuencia destas, consistentes en derivalas como enfermidades comúns ou denegando ás baixas por continxencias profesionais. En Galicia no ano 2011 declaráronse 229 enfermidades profesionais con baixa menos que no 2006, o que supón unha redución do 25,1% na declaración con baixa, pola contra, as enfermidades profesionais sen baixa aumentaron un 160% con respecto ao 2006. Consideramos que este feito se debe ao medo dos cidadáns a perder o seu posto de traballo con motivo da crise económica, o que produciu que o pasado ano sexa o primeiro no que as enfermidades sen baixa superen ás que se notificaron con baixa. Por outra parte, manifestar que no ano 2011 Galicia é a quinta comunidade que máis partes de EEPP comunicou. Segundo os datos da Seguridade Social, a duración media dos partes de EEPP cerrados no período xaneiro-decembro é de 68,09 días, superior á media do Estado que é de 61,90. As mulleres teñen períodos de baixa superiores aos homes, 71,32 días as primeiras fronte os 64,84 días dos homes. Por tanto, todos estes datos, unha vez máis, volven a amosar que aínda hoxe existe un déficit manifesto de implicación dos empresarios na prevención de riscos laborais, máis preocupados pola transferencia de responsabilidade que por asumir a prevención como un elemento fundamental da organización produtiva. Igualmente, é necesario fortalecer os mecanismos de participación dos traballadores e traballadoras e os seus representantes, fundamentalmente, nas empresas máis pequenas. Para correxir estas e outras deficiencias do sistema preventivo en Galicia, urxe a efectiva participación dos traballadores en materia de prevención de riscos laborais nas súas empresas, así como, os procesos de Diálogo Social, están chamados tamén a ser pedra angular de todas as políticas en saúde laboral dos próximos anos en Galicia e deben ser o instrumento imprescindible para acometer unha redución real dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais. A DISCRECIONALIDADE DA QUE GOZAN OS EMPRESARIOS, TRAS A REFORMA LABORAL, ESTÁ A ORIXINAR ÁMBITOS LABORAIS TÓXICOS INCREMENTÁNDOSE AS ENFERMIDADES VINCULADAS AOS RISCOS PSICOSOCIAIS Así mesmo, a imposición dun modelo de inserción ao mercado laboral determinado pola precariedade, polo aumento da discrecionalidade do empregador para impoñer a flexibilidade interna, polo medo ao paro e ao despedimento gratis ou barato e por unhas condicións de traballo cuns requerimentos físicos ou psíquicos cada vez máis elevados, están a conformar uns ámbitos laborais tóxicos nos que as enfermidades vinculadas aos riscos psicosociais afectan a un número crecente de traballadoras e traballadores. Fronte a esta actitude, dende UGT actuaremos en xustiza mediante a denuncia, a mobilización e a presión sostida en todos os niveis: á empresa, ó sector, ás administracións e á sociedade no seu conxunto. Trátase de explicar o que arriscamos e o que defendemos: non estamos dispostos a recuar no avanzado desde a entrada en vigor da Lei de prevención de riscos laborais UGT-GALICIA RECLAMA UN PAPEL MÁIS ACTIVO DO MINISTERIO FISCAL Reclamamos, ao mesmo tempo, un papel máis activo do Ministerio Fiscal, desenvolvendo o seu papel constitucional de promotor da acción da xustiza, especialmente, nas situacións de riscos máis graves e intolerables que afectan a numerosos centros de traballo e que son causa directa da maior parte da sinistralidade. Hoxe máis que nunca a mobilización dos traballadores e do conxunto da sociedade é necesaria para demostrar que hai alternativas, que outra política económica e social é necesaria e posible e que a existencia de traballos dignos e seguros é unha das bases nas que fundamentar un cambio de paradigma económico que nos permita saír da crise dende unha perspectiva máis xusta, equilibrada e sostible. Por este motivo, UGT-Galicia invita ós traballadores e á cidadanía a mobilizarse este 28 de abril en defensa da saúde e a seguridade no ámbito laboral e en recordo das vítimas das malas condicións de traballo. NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE SAÚDE LABORAL E MEDIO AMBIENTE DE UGT-GALICIA, CARLOS BELLAS. TELÉFONO: 661543597. ANÁLISE COMPARATIVA SINISTRALIDADE LABORAL GALICIA-ESPAÑA 2011: ÍNDICE DE INCIDENCIA[1] 2011 ACCIDENTES TOTAIS CON BAIXA EN XORNADA
ÍNDICE DE INCIDENCIA 2011 ACCIDENTES GRAVES CON BAIXA EN XORNADA
ÍNDICE DE INCIDENCIA 2011 ACCIDENTES MORTAIS CON BAIXA EN XORNADA
SINISTRALIDADE LABORAL GALICIA 2010/2011 AT CON BAIXA EN XORNADA LABORAL XANEIRO-DECEMBRO 2010/2011 GALICIA
AT IN ITINERE CON BAIXA EN XORNADA LABORAL GALICIA XANEIRO-DECEMBRO 2010/2011
EEPP XANEIRO-DECEMBRO 2011
En relación ao resto do Estado e en términos absolutos, no ano 2011 Galicia é a quinta comunidade que máis partes de EEPP comunicou. Segundo os datos da Seguridade Social, a duración media dos partes de EEPP cerrados no período xaneiro-decembro é 68,09 días, superior a media do estado 61,90. As mulleres teñen períodos de baixa superiores aos homes, 71,32 días as primeiras fronte os64,84 días dos homes. EEPP CON BAIXA POR GRUPOS E PROVINCIAS XANEIRO-DECEMBRO 2011
EEPP SEN BAIXA POR GRUPOS E PROVINCIAS XANEIRO-DECEMBRO 2011
[1] Índice de Incidencia: nº accidentes de traballo en xornada x 100.000 traballadores con continencias profesionais cubertas |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Modificado o ( miércoles, 25 de abril de 2012 ) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||