Último ataque da Xunta ao Sistema Educativo
Escrito por FETE-UGT   
viernes, 10 de junio de 2011

FETE-UGT DENUNCIA O ÚLTIMO ATAQUE AO SISTEMA EDUCATIVO PÚBLICO

O DECRETO QUE ESTABLECE A TRANSFORMACIÓN DE I.E.S. EN C.I.F.P.

FETE-UGT DENUNCIA QUE A AXENDA OCULTA DO PP TEN COMO OBXECTIVO O PROGRESIVO DESMANTELAMENTO DO SISTEMA EDUCATIVO PÚBLICO.

Despois de dous anos sen reunir ao Consello Galego de Formación Profesional, esqueciendo totalmente estas ensinanzas, de repente, nunha decisión PRECIPITADA, IRREFLEXIVA,  E TOTALMENTE FÓRA DE PLAZO,  establece algún ciclo formativo novo a costa de DEIXAR NA RÚA AOS ALUMNOS DE E.S.O. E BACHARELATO DO I.E.S PASEO DAS PONTES, ASI COMO A UN GRUPO DE PROFESORES DESE CENTRO.

Amparándose na importancia social de estas ensinanzas profesionais, aproveita para ir desmantelando a rede de centros ao seu antollo, xogando con alumnos e familias, actuando sen consulta e sen consenso DESPREZANDO ás ANPAS e aos representantes dos traballadores.

A Consellería de Educación actúa de xeito  dictatorial ao impoñer un decreto que provoca desconcerto e descoordinación nos centros, que xa remataran uns procesos de admisión, de planificación de próximo curso e de reparto de recursos, DESPREZANDO o traballo dos equipos directivos e claustros.

A Consellería de Educación nun novo capítulo de IMPROVISACIÓN E FALTA ABSOLUTA DE PLANIFICACIÓN, volve a crear problemas e desorganizar os centros e as familias ao remate do curso.

FETE-UGT denuncia ademais que a Consellería aproveita vacacións, finais de curso e xornadas non lectivas para facer públicas todas estaas actuacións contrarias aos intereses do ensino público.

Sen esquecer o recorte no CEE Santiago Apóstol e a imposición das novas aulas en centros que non poden asumilas (CEIP Eusebio da Guarda).

Modificado o ( viernes, 10 de junio de 2011 )