A Xunta de Galicia dsicrimina ao alumnado de necesidades especiais
Escrito por FETE-UGT   
lunes, 06 de junio de 2011

FETE-UGT DENUNCIA:

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DA XUNTA DE GALICIA  DESPREZA AO ALUMNADO DE NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

O Informe da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos do 26 de xaneiro de 2011 determina que as actuacións realizadas polo profesorado de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe con alumnos de necesidades educativas especiais na etapa da E.S.O. non son “Materias curriculares nin áreas de coñecemento” é dicir, o que se ensina a este alumnado non é educación.

A Lei Orgánica de Educación do 3 de maio de maio de 2006, garanten o seu artigo 1.b, “a equidade na educación, que garanta a igualdade de oportunidades, a inclusión educativa e a non discriminación e actúe como elemento compensados das desigualdades persoais, culturais, económicas e sociais, con especial atención ás que deriven de discapacidade”.

Fete-Ugt cualifica o informe da Consellería de Educación:

-    Unha falta de respecto a este alumnado e ás súas familias.

-   Unha falta de respecto aos profesionais de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe ao non considerar docencia o a súa actividade cos alumnos/as.

- Unha forma de aproveitarse da parte máis débil do sistema educativo, o de menos opcións, para aforrar cartos e eliminar postos de traballo especializados.

Modificado o ( lunes, 06 de junio de 2011 )