Recorte de 200 prazas de mestres pola Xunta de Galicia
Escrito por FETE-UGT   
viernes, 13 de mayo de 2011

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN BLOQUEA 200 PRAZAS A TRAVÉS DO CONCURSO DETRASLADOS POÑENDO EN PRÁCTICA UN NOVORECORTE NA EDUCACIÓN EN GALICIA. 

Con este tipo de agresións ao ensino, a Consellería esquece que existe un ineludible dereito á Educación. A Educación non é materia mercantil é un dereito.  

O goberno galego amosa a súa total falta de implicación no desenvolvemento dun sistema educativo de calidade ao recortar o salario do profesorado, o seu poder adquisitivo, a redución da reposición do emprego público, e agora novamente leva a cabo un novo recorte podando 200 prazas a través da supresión no concurso de traslados.Unha vez máis facemos un chamamento á Consellería de Educación solicitándolle un cambio de rumbo nas súas políticas.

En tempo de crise é imprescindible priorizar. 

A Educación non pode ser relegada é unha prioridade. A Consellería de Educación, con competencias plenas nesta materia, ten a obriga de ser o garante da educación en Galicia.

Modificado o ( viernes, 13 de mayo de 2011 )