Os traballadores de Teleperformance maniféstanse polo despido improcedente de dous compañeiros
Escrito por UGT Coruña   
lunes, 08 de noviembre de 2010

Os traballadores de Teleperformance maniféstanse polo despido improcedente de dous compañeiros

 

A Empresa do sector de telemárketing Teleperformance despediu a 2 traballadores/as de maneira improcedente e totalmente inxusta, baseada en falsas motivacións e cunha linguaxe descalificadora da boa labor dos traballadores despedidos.

 

Por este motivo, o Comité de Empresa de Teleperformance acordou por unanimidade denunciar estes despidos e manifestar o malestar dos traballadores cunha práctica habitual da empresa,


O Comité decidiu realizar varias movilizacións no mes de novembro para poñer en evidencia as malas prácticas laborais da empresa. A primeira delas será mañá 9 de novembro, ás 12:30 diante da empresa


TOD@S UNIDOS CONTRA OS DESPIDOS

Modificado o ( lunes, 08 de noviembre de 2010 )