8 de marzo en UGT Coruņa
Escrito por Igualdade   
martes, 09 de marzo de 2010

 foto entrega premios 8 marzoA UGT da Coruña denuncia a desigualdade laboral das mulleres da comarca.

Nin un paso atrás nos dereitos dos e das traballadoras”


A UGT da Coruña conmemorou esta mañá o Día Internacional da Muller Traballadora, homenaxeando á compañeira das FES Genoveva Añón Cambre, Presidenta do Comité de empresa de Procedimentos de Aseos Urbanos do grupo Vendex.

José Carrillo e Isabel Lema, en representación da Unión Comarcal, entregaron o premio á homenaxeada e recordaron os terribles efectos que a crise económica está a ter sobre o emprego das mulleres que, na comarca da Coruña, sufren un 12,55% de paro. Os últimos datos amosan que 22.173 mulleres na nosa Comarca están en situación de desemprego e maioritariamente no sector servizos, onde as contratacións son principalmente de carácter temporal ou de xornada parcial...

A UGT homenaxea a Genoveva Añón, sindicalista do sector de limpeza.

Genoveva, afiliada á UGT dende 1990, traballadora do sector de Limpeza de Edificios e Locais, recibiu o Premio 8 de Marzo en merecido recoñecemento pola súa loita para mellorar as condicións laborais nun sector moi precario, feminizado, pouco recoñecido, con baixas retribucións e onde a acción sindical é moi complicada polo tipo de relacións laborais e humanas das empresas do sector.

Genoveva representa o labor de moitas mulleres da nosa organización que, dun xeito silencioso e invisible, compaxinando a vida laboral e a persoal, loitan por dignificar o traballo, en sectores onde a precariedade e as contratacións atípicas fan moi necesario o compromiso, a sensibilidade e a soliedariedade de toda a clase traballadora.

Modificado o ( martes, 06 de marzo de 2012 )