| |
|
|
|
|
publicación convenio comercio vario |
|
Escrito por CHTX
|
|
viernes, 31 de julio de 2009 |
Entra en vigor a aplicación do Convenio Colectivo de Comercio Vario Os incrementos e atrasos recollidos no Convenio deberán abonarse na nómina do mes de agosto O 30 de xullo procedeuse, tras unha longa espera e dunha duración negociación, a publicación do Convenio Colectivo de Comercio vario da Provincia da Coruña. O Convenio será de aplicación a todas as empresas adicadas ao comercio de metal, textil, pel e materiais de construcción entre outros. Este convenio supón un incremento nos salarios existentes (correspondentes ao ano 2007) do 5% para o ano 2008 e do 2,25% para o ano 2009. Esto traducido en euros supón – n a maioría das categorías- unha media aproximada de 900 ou 1000 euros de atrasos, que poderán verse incrementados atendendo á antiguedade dos traballadores. O Convenio terase que aplicar – como moi tarde- na nómina do mes de agosto en todas as empresas do sector, así como os atrasos producidos. No caso de que non sexa así, os traballadores/as deberán á súa empresa a aplicación de dito convenio. |
|
Modificado o ( sábado, 01 de agosto de 2009 )
|
|
|
Escrito por CHTX
|
|
viernes, 17 de julio de 2009 |
|
Concentración en Cortefiel Os traballladores de Cortefiel, xunto con representantes sindicais de UGT, concentráronse esta mañá nas portas de Cortefiel na rúa Juan Flórez, en protesta polos despidos indiscriminados que está a levar a cabo a empresa. Os traballadores de Cortefiel denuncian o despido de dúas traballadoras con máis de trinta anos de antigüedade co obxectivo de poder contratar a xente a tempo parcial. Así mesmo, os representantes sindicais teñen que teñen claro que a empresa vai continuar cos despedimentos, tal como se veñen facendo noutras comunidades. Por outra parte, a empresa tampouco facilitou o balance económico e que se abriron recentemente outras tendas, o que contrasta a vontade de abaratar custos da empresa. Álvaro Cajigal, representante de UGT, afirma que "isto non vai rematar aquí" e que están dispostos "a chegar a onde sexa necesario" para que se proceda á readmisión das dúas afectadas.
|
|
Modificado o ( viernes, 17 de julio de 2009 )
|
|
|
Escrito por UGT Coruña
|
|
viernes, 26 de junio de 2009 |

A UGT da Coruña reelixiu a Jose Carrillo Souto como Secretario Comarcal.O Congreso da UGT aprobou unha resolución de apoio aos traballadores/as e compañeiros de empresas da Comarca da Coruña que están a sufrir un Expediente de Regulación de Emprego. O X Congreso da Unión Comarcal de UGT Coruña, que se celebrou este venres en A Coruña, reelixiu a José Carrillo Souto ao fronte da Secretaría xeral de UGT Coruña. O Congreso elixiu tamén a nova Comisión Executiva, ao fronte da que está José Carrillo, e que se complementa co secretario de Organización, Fernando Vázquez; secretario de administración e finanzas, José Varela Laya; secretaria de formación e emprego, Mercedes Reparaz; secretaria de xuventude e igualdade, Isabel Lema; secretario de acción sindical e saúde laboral, José Juan Santos; secretario de comunicación, Laureano Aragón e secretaria de política social e medio ambiente, Maria del Carmen Garcia Iglesias; Responsable da delegacion de Betanzos, Roberto Ferreño; Responsable da delegacion de Carballo, Valentin Costa; e Responsable da delegacion de Culleredo, Manuel Vilavoy. Na súa intervención, José Carrillo alertou da incidencia da crise nas empresas da comarca, e manifestou “o apoio da UGT aos traballadores/as da comarca que están a sufrir conflitos laborais: Martinsa-FADESA, Maderas Betanzos, Bunge, Caramelo, Lledo Iluminacion, Ferroatlantica, Sumtec, Molduras del Noroeste, EMESA Trefileria, EMESA Coiros, Subcontratas de ALCOA INESPAL e SGL... |
|
Modificado o ( lunes, 26 de julio de 2010 )
|
|
Leer más...
|
|
|
Sentenza favorable traballador Comercio |
|
Escrito por CHTX
|
|
viernes, 05 de junio de 2009 |
Sentenza favorable a un traballador de Bocatín despois de 5 Anos de loita. Os servizos xurídicos de UGT gañan unha sentenza, no xulgado do social nº4 da Coruña, de RESOLUCIÓN DE CONTRATO dun afiliado da Federación de Comercio, Hostalaría-Turismo e Xogo. Na devandita sentenza a Maxistrada fundamenta o que é un acoso cara a un traballador, e en cuxo fallo recoñece a indemnización a percibir e o pagamento dunha cantidade polos danos morais, sicológicos, humillantes e vexatorios sufridos ao longo dos últimos 5 anos. Dende UGT só podemos congratularnos co fallo desta sentenza, na que se demostra a tenacidade dun traballador cunha antigüidade na empresa de 23 anos, pola defensa dos seus dereitos. |
|
Modificado o ( sábado, 13 de junio de 2009 )
|
|
|
UGT reivindica a figura do delegado de Medio nas empresas |
|
Escrito por Medio ambiente
|
|
martes, 30 de noviembre de 1999 |
|
O desenvolvemento sostible, unha oportunidade para saír da crise e xerar emprego de calidade
Con motivo da celebración mañá do Día Mundial do Medio Ambiente, UGT reivindica a importancia de reforzar e axilizar o Diálogo Social nesta materia, para facer fronte ao cambio climático e, á vez, abordar o necesario cambio cara a un modelo económico, social e ambientalmente máis xusto e sostible... |
|
Modificado o ( jueves, 11 de junio de 2009 )
|
|
Leer más...
|
|
|
O TXUE garante o dereito dos traballadores ás vacacións |
|
Escrito por FSP
|
|
lunes, 06 de abril de 2009 |
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ampara aos traballadores e garante o dereito ás vacacións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea, en Sentenza ditada o 20-1-2009, estableceu o seguinte:
Un traballador que non puidese gozar de toda ou parte das súas Vacacións Anuais Retribuídas por estar de baixa por Enfermidade ou Maternidade: 1º. Conserva o dereito a gozar as Vacacións Anuais Retribuídas aínda despois de finalizar o ano natural e este dereito non pode suprimirse nin sequera mediante Leis dos Estados da Unión Europea. 2º. Se finalizada a baixa por enfermidade ou maternidade, fose imposible gozar as Vacacións, por finalizar a relación laboral, o traballador ten dereito a Compensación Económica equivalente ás súas retribucións ordinarias... |
|
Modificado o ( lunes, 06 de abril de 2009 )
|
|
Leer más...
|
|
|
Respostas e Propostas de UGT ante a crise |
|
Escrito por UGT
|
|
martes, 13 de enero de 2009 |
UGT presenta a campaña "Respostas e Propostas de UGT ante a crise". O Secretario Xeral de UGT, Cándido Méndez, presentou esta mañá a campaña "Respostas e Propostas de UGT ante a crise" , e destacou as últimas propostas de UGT ao Goberno para paliar os efectos da crise sobre os traballadores: esgotar as posibilidades de ampliar as prestacións sociais daqueles colectivos que as consumen por diversas causas e establecer mecanismos reguladores para que, tanto os empresarios como os sindicatos, manteñan un seguimento exhaustivo do plan de investimentos públicos do Executivo. A UGT considera que, a pesar da ampla cobertura do actual sistema de prestacións por desemprego "é necesaria a súa modificación porque hai desaxustes na prestación dalgúns colectivos". Así mesmo faise esencial "realizar un seguimento da inxección de liquidez do Goberno ás empresas, xa que as iniciativas que está a tomar o Executivo para os investimentos públicos non estiveron vinculadas ao Diálogo Social"... |
|
Modificado o ( martes, 13 de enero de 2009 )
|
|
Leer más...
|
|
| << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Siguiente > Final >>
| | Resultados 77 - 83 de 83 | |
|
|
|
|