Inicio
 
     
Actualidade
Negociación colectiva 2017
Escrito por UGT Galici   
viernes, 16 de septiembre de 2016

UGT y CCOO elaboran un documento con las orientaciones para la negociación colectiva 2017UGT y CCOO elaboran un documento con las orientaciones para la negociación colectiva 2017

 


El Secretario de Política Sindical de UGT, Gonzalo Pino y el Secretario de Acción Sindical de CCOO, Ramón Górriz, han remitido a sus respectivas organizaciones un documento de orientaciones para la Negociación Colectiva 2017, pues aunque el año que viene continúan en vigor los criterios fijados en el III Acuerdo para el Empleo y la Negociación Colectiva, es preciso fijar posiciones sobre algunas materias o desarrollar mejor algunas de las incluidas. En este sentido, consideran que es preciso concretar ya las recomendaciones en materia salarial para 2017 y profundizar, en la negociación colectiva, en el desarrollo de cláusulas que ayuden a impulsar el empleo y sobre todo a mejorar la calidad del mismo.  Ambos sindicatos han solicitado a la CEOE y CEPYME la apertura inmediata de un proceso negociador sobre estas cuestiones...

Modificado o ( viernes, 16 de septiembre de 2016 )
Leer más...
 
ENSINO: IMPLANTACIÓN DA LOMCE
Escrito por FETE   
viernes, 16 de septiembre de 2016

O sector de ensino de FeSP-UGT Galicia afirma que a implantación completa da LOMCE so aporta incertezaO sector de ensino de FeSP-UGT Galicia afirma que a implantación completa da LOMCE so aporta incerteza

 A oposición á LOMCE é as súas reválidas segue a ser o cabalo de batalla

O Sector de Ensino de FeSP-UGT Galicia fixo unha valoración do curso escolar 2016/17 no que se realizará unha implantación completa da LOMCE na etapa da ESO e do Bacharelato “o cal crea incerteza nas familias, no alumnado e no profesorado no tocante sobre todo, ás reválidas e a posta en marcha da orde de avaliación na etapa de Primaria que evidencia a mentira do noso goberno de que as reválidas de terceiro e sexto curso non son vinculantes, pois poden facer que o noso alumnado non promocione curso”. Así o explicou Gerardo Morano Díaz, secretario do Sector de Ensino FeSP-UGT, que tampouco entende como segue adiante a LOMCE cando o mesmo PP amosou a súa disposición a modificala, segundo o acordo adoptado con C’s e Coalición Canaria...
Modificado o ( viernes, 16 de septiembre de 2016 )
Leer más...
 
Os salarios da xuventude galega son un 9,4 por cento máis baixos que a media estatal
Escrito por UGT GALICIA   
martes, 16 de agosto de 2016
Os salarios da xuventude galega son un 9,4 por cento máis baixos que a media estatal

A taxa de paro entre os mozos e mozas medra en dous puntos dende a reforma laboral e é 9 puntos máis elevada que no conxunto de idades

  UGT-Galicia fai unha análise da situación do mercado laboral da xuventude galega que resulta devastadora. Altas taxas de desemprego,temporalidade, parcialidade, salarios moi por debaixo que no restodas idades e taxas de pobreza ou exclusión social alarmantes.Situación que se agudizou aínda máis coa entrada en vigor daReforma laboral imposta polo Goberno do PP.

Esta análise leva a concluír que as políticas de emprego dos gobernosdo PP, tanto no Estado como en Galicia, non están logrando osobxectivos que anunciaban, especialmente a Reforma laboral. O que siestán conseguindo é empeorar as condicións de traballo e de vidada poboación en xeral, pero dun xeito máis incisivo entre aspersoas novas. Empeoran as condicións de traballo, diminúe aestabilidade no emprego e redúcese a calidade do mesmo. Isto conducea un continuado descenso das rendas do traballo que impedirá retomara demanda interna e mellorar a economía no seu conxunto...

Modificado o ( viernes, 16 de septiembre de 2016 )
Leer más...
 
Os traballadores do Consorcio de Igualdade e Benestar reclaman a equiparación co resto dos empregado
Escrito por FSP-UGT   
miércoles, 27 de julio de 2016
Os traballadores do Consorcio de Igualdade e Benestar reclaman a equiparación co resto dos empregados públicos

Os traballadores do Consorcio de Igualdade e Benestar reclaman a equiparación co resto dos empregados públicos

 Centos de traballadoras/es do Consorcio galego de Servizos de Igualdade e Benestar mobilizáronse, unha vez máis, este xoves, día 21, pola mañá fronte á sede deste Consorcio en Santiago para reclamar a súa equiparación co resto dos empregados públicos da Administración galega.

Concretamente, demandan a adhesión do persoal do Consorcio ao V Convenio do persoal laboral da Xunta e un sistema de listas público e actualizado.

Ademais, demandan a equiparación salarial de conformidade co decreto que establece a integración do persoal dos entes instrumentais.

Por outra banda, os traballadores do Consorcio piden o establecemento dun sistema de mobilidade xeográfica que dea amparo ás inxustas situacións que se están a vivir entre este colectivo. Finalmente, reclaman a negociación dunha oferta de emprego pública que achegue estabilidade laboral ao Consorcio.

Os traballadores e traballadoras do Consorcio insistiron na posta en marcha dun xeito inmediato de todas estas demandas.-

Modificado o ( viernes, 16 de septiembre de 2016 )
 
Máis da metade das pensións galegas están por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional de 655 euro
Escrito por UGT CORUÑA   
miércoles, 27 de julio de 2016
Máis da metade das pensións galegas están por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional de 655 euros ao mes

Máis da metade das pensións galegas están por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional de 655 euros ao mes

 Un terzo dos fogares galegos teñen como sustentador principal a persoas de máis de 65 anos.

 UGT  denuncia que máis da metade das pensións galegas sitúanse por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional de 655 euros ao mes, esta é una situación que no resto de España non chega ao 40 por cento. UGT insta aos partidos políticos a recuperar o consenso do Pacto de Toledo para reforzar e garantir o Sistema Público de Pensións, elemento esencial para o crecemento da nosa economía e dun modelo social xusto e eficaz.

En Galicia 256.082 pensións de xubilación teñen unha contía mensual de menos de 655,19 euros. Estas pensións representan o 54,7% do total, é dicir de xeito maioritario as pensións na comunidade son inferiores a 655 euros. No conxunto do Estado o peso deste tramo de pensións acada o 39,3%, non chegan a supoñer unha maioría, son máis de 15 puntos de diferenza entre ambos escenarios...

Modificado o ( viernes, 16 de septiembre de 2016 )
Leer más...
 
FeSP-UGT denuncia que Medio Rural intenta desmantelar os servizos de prevención e extinción de lumes
Escrito por FSP-UGT   
viernes, 17 de junio de 2016

FeSP-UGT denuncia que Medio Rural intenta desmantelar os servizos de prevención e extinción de lumes de Galicia con políticas clientelares de contratación e precariedade laboral

 


A Federación de Empregados e Empregadas de Servizos Públicos de UGT-GALICIA (FeSP-UGT de Galicia) amosa a súa indignación polas recentes declaracións realizadas polo director xeral de Ordenación e Produción forestal da Consellería de Medio Rural no Parlamento que son unha mostra máis da política de desmantelamento dos servizos públicos que se pretende no eido desta Consellería.

Pero é que dende FeSP insisten en que estas últimas declaracións non fan máis que ratificar a liña de argumentacións que se ven mantendo dende Medio Rural, a prevención e extinción de incendios forestais como negocio e non como servizo público.

Lembrar que o director xeral manifestou no Parlamento que no eido das labores de loita contra os incendios forestais lles resulta “máis barato e eficiente” recorrer a empresas privadas que facelo a través dos medios públicos. De novo, o director xeral confunde o público, que debe ser servizo, co privado, que é beneficio.

A política contractual desenvolvida pola Xunta neste colectivo é unha mostra máis de que a Administración galega non aposta pola prevención e extinción dos lumes forestais como un servizo público de calidade difícil de manter cando non se prevé a ampliación de contratos dos traballadores da empresa pública Seaga, non se lles remunera conforme a ningún convenio colectivo e, polo tanto, sofren unhas condicións laborais e salariais deplorables.

De feito, non existe a intención de promocionar o servizo único de defensa contra incendios forestais, nin de mellorar os contratos en precario de tres meses do persoal tanto do SPDCIF como do SEAGA. O único que se fai é dar pasos atrás e cometer de novo os erros do pasado, fomentando a falta de profesionalidade coa contratación de brigadas dos concellos, que ao final, non son máis que redes de contratación feitas con poucos criterios profesionais e técnicos e que seguen na senda da precariedade laboral.

FeSP-UGT insta á Xunta a que se tome en serio, dunha vez por todas, a problemática dos lumes forestais, que todos os anos arroxa cifras indesexables de grandes extensións arrasadas polos lumes. Para isto, urxe acometer un servizo público forte e ben dotado, tanto dende o punto de vista de medios materiais como humanos; no que os seus traballadores teñan contratos estables e condicións dignas; en definitiva, un servizo estable que opere ao longo de todo o ano prestando atención non só á extinción no verán, senón tamén á prevención e coidado dos montes nos meses previos.

Modificado o ( viernes, 17 de junio de 2016 )
 
MANIFESTACIÓN 1º MAIO
Escrito por UGT Coruña   
martes, 03 de mayo de 2016

Miles de persoas mobilizáronse na Coruña contra a pobreza salarial e social e para demandar traballo e dereitos

 


 

 Miles de persoas, convocadas por UGT e CCOO, saíron ás rúas da Coruñapara reivindicar neste Primeiro de Maio a necesidade de loitar contra a pobreza salarial e social. Para lograr este obxectivo, os sindicatos defenderon o fortalecemento da negociación colectiva, ferramenta vital para lograr traballo con dereitos.

 

Nestas mobilizacións esixiuse tamén un cambio xa das políticas impostas nestes últimos anos que só trouxeron desazón e pobreza para as familias, que seguen a sufrir as consecuencias da crise e dos recortes impostos polos gobernos. A clase traballadora ve como día a día minguan os seus dereitos e xa son moitas as persoas os que están sumidas nun círculo vicioso de temporalidade e precariedade e que a duras penas conseguen vivir con dignidade.

 

Todo isto nun contexto no cal, malia que se fala dunha tímida melloría, as familias seguen sen percibila. Ademais, xa son moitas voces as que auguran unha nova ameaza a nivel mundial de inestabilidade económica e, sobre todo, enorme incerteza. Pasou case unha década dende que no verán do ano 2007 comezaran a manifestarse os problemas no sector financeiro mundial e seguimos cos mesmos problemas de fondo.

 

A economía da eurozona saíu da recesión pero continúa enferma, cun crecemento raquítico, cunha inflación case en negativo e cunha taxa de desemprego nos niveis máis altos da súa historia.

 

A crise do proxecto europeo é cada vez máis fonda. A aplicación das medidas de austeridade e recortes sociais contra a maioría da clase traballadora están a ter efectos devastadores para o emprego e aumentaron a pobreza e a desigualdade.

 

Galicia non é allea a esta realidade. Nos últimos catro anos destruíronse 72.000 empregos; a temporalidade segue medrando (unha de cada catro persoas asalariadas); o 64 por cento das persoas contratadas a tempo parcial (mulleres, sobre todo) éo porque non atopou emprego a tempo completo; a mocidade padece taxas de desemprego que superan o 40 por cento; nos últimos catro anos o mercado laboral galego rexistrou 65.000 persoas activas menos e 16.200 inactivas máis.

 

O lastre do paro de longa duración continúa, conducindo a situacións límite a moitas familias, incluso ao borde da exclusión social e da pobreza. Xa o 45,3 por cento dos desempregados levan máis de dous anos nesta situación, 19,4 puntos máis que hai catro anos. E o 60 por cento dos parados leva máis dun ano nesta situación, nove puntos máis que hai catro anos, xusto antes da aplicación da reforma laboral.

 

Por outra banda, aquelas persoas que si están a traballar son vítimas tanto da temporalidade como da precariedade. No período 2011/2015 a contratación temporal seguiu unha tendencia en ascenso difícil de frear, medrando nun 31,6 por cento esta modalidade de contratación. No 2015, o 92 por cento dos contratos rexistrados son temporais.

 

Os fogares son os que sofren directamente as consecuencias desta nefasta reforma. Xa hai en Galicia 80.200 fogares con todos os seus activos no paro, cifra que foi en progresivo aumento nestes últimos anos. E 44.800 fogares non teñen perceptores de ingresos.

 

Neste Primeiro de Maio, CCOO e UGT demandaron:

 

- Impulsar un plan de choque para o emprego.

- Realizar unha verdadeira reforma fiscal que aumente a recadación e a xustiza do sistema.

- Fortalecer a negociación colectiva.

- Aumentar os salarios de xeito coherente coa fase de crecemento económico co fin de reactivar o consumo das familias e a creación de emprego e reducir as desigualdades e a pobreza.

- Recuperar a calidade dos servizos públicos.

- Aumentar o SMI ata acadar o 60 por cento do salario medio, de xeito progresivo.

- Reverter totalmente a última reforma das pensións, restablecer o Pacto de Toledo e asegurar o futuro do sistema público de pensións.

- Mellorar o sistema de protección por desemprego.

- Pór en marcha unha nova prestación de ingresos mínimos como propón a ILP promovida por UGT e CCOO co fin de garantir unha prestación económica a todas as persoas en disposición de traballar que carezan de emprego e ingresos suficientes.

- Impulsar unha potente política industrial que contribúa a 

Modificado o ( martes, 03 de mayo de 2016 )
 
MANIFESTACIÓN 1º MAIO: 12:00 HORAS. Saída dende a Praza da Palloza de A Coruña.
Escrito por UGT Coruña   
martes, 19 de abril de 2016
Modificado o ( martes, 03 de mayo de 2016 )
 
Premios 1º de maio 2015 de UGT Coruña: Roberto Pérez Escutia, Fundación Erguete e Domingo González
Escrito por UGT A CORUÑA   
lunes, 25 de abril de 2016

A Unión Intercomarcal de UGT Coruña-Cee homenaxea nos seus premios 1º de maio ao sindicalista Roberto Pérez Escutia, a Fundación Érguete e a do xornalista Domingo González

 

 A Unión Intercomarcal de UGT Coruña-Cee celebrou o pasado venres 22 de abril os Premios I de Maio da Unión Xeral de Traballadores nun acto celebrado na súa sede na Coruña (Fernández La Torre, nº 27.)

 Na edición de 2016, UGT Coruña-Cee recoñeceu a traxectoria do sindicalista Roberto Pérez Escutia, afiliado dende hai máis de 20 anos á Federación de Servizos (FES-UGT).

Así mesmo, UGT recoñeceu o intenso traballo desenvolvido pola Fundación Érguete de apoio e integración de toxicómanos. A Presidenta de Érguete, Carmen Avendaño recolleu o premio en nome da Fundación.

Finalmente, UGT fixo tamén un recoñecemento á traxectoria do xornalista de RNE Domingo González González.

ROBERTO PEREZ ESCUTIA

Roberto Pérez Escutia é compañeiro da UGT dende hai case 25 anos. Afiliado da Federación de Servizos, e recentemente prexubilado, despois de ter traballado no sector da Banca toda a súa vida.Roberto participou na actividade sindical da UXT desenvolvendo numerosas tarefas e asumindo tamén diversos postos de responsabilidade.Foi presidente do Comité de Servizos Centrais do Banco Santander en A Coruña, Sº de administración da sección sindicar rexional do banco santanter. Destaca tamén a súa labor como delegado de prevención na súa empresa para toda Galicia.Roberto caracterizouse sempre pola súa intensa labor reivindicativa e a súa colaboración incondicional en todos os ámbitos da nosa organización, poñendo o seu empeño na loita pola consecución dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

 

 

FUNDACIÓN ÉRGUETE- INTEGRACIÓN.

A Asociación de Axuda ao Toxicómano ÉRGUETE constituíuse no ano 1984, como iniciativa dun grupo de familias afectadas polo problema das toxicomanía, moitas deles mulleres, como Carmen Avendaño, que hoxe nos acompaña, que tiveron a valentía de enfrontarse abertamente e loitar contra o narcotráfico, primeiro na provincia de Pontevedra e logo xa en toda Galicia. Anos despois, o 4 de novembro do ano 1999, constitúese a FUNDACIÓN ÉRGUETE-INTEGRACIÓN, coa finalidade de facilitar a inserción social e o acceso ao mercado laboral de persoas con problemas de drogadicción e outros colectivos en risco ou situación de exclusión social (parados de longa duración, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas recluídas e ex recluídas, migrantes e inmigrantes, minorías étnicas). Nun principio o seu labor centrouse na formación ocupacional, a través de Talleres de Emprego e cursos. Co paso do tempo, levando á práctica unha filosofía de integración e para evitar guetos de marxinación, Érguete desenvolverá novos programas de Inclusión Social como o vixente Punto Autoemprego Incorpora (2016).Érquete conta con dúas sedes físicas, unha delas en Vigo, onde nace a fundación, e outra na Coruña, noBarrio das Flores.


DOMINGO GONZÁLEZ

O xornalista ourensán Domingo González é licenciado e doutor en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Domingo pertence ao equipo de xornalistas de Radio Nacional de España desde 1984. Tras gañar a súa praza, cando estaba traballando en Santander, solicitou o traslado á cabeceira territorial en Galicia, con sede na Coruña, onde chegou no verán de 1986. Aquí realizou as funcións de redactor e director-presentador dun magazine matinal de gran éxito. Ao longo da súa traxectoria dirixiu en dúas ocasións o Centro Territorial de TVE en Galicia, e tamén dirixiu centro territorial de Radio Nacional de España alá polos anos 90. Dende o ano 1996 e ata a actualidade, realiza tarefas de redactor en Radio Nacional de España na Coruña.Ademais das súas tarefas xornalisticas, Domingo González fixo os seus primeiros pasos no mundo literario, sendo autor do libro "Cáncer: verdad y esperanza".

Modificado o ( lunes, 25 de abril de 2016 )
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 58 - 76 de 678