Inicio
 
     
Actualidade
UGT Coruña-Cee homenaxea, nos premios 1º de Maio a José Manuel Vazquez e a SOS Sanidade Pública
Escrito por UGT Coruña   
lunes, 01 de mayo de 2017

UGT Coruña-Cee homenaxea, nos premios 1º de Maio a José Manuel Vazquez e a SOS Sanidade Pública

 O pasado 27 de abril de 2017, a Unión Intercomarcal de UGT Coruña-Cee conmemorou o 1º de Maio, Día do Traballo, coa tradicional entrega dos premios 1º de maio do sindicato, que neste ano cumpren a súa XVII edición. 

O Secretario Comarcal de UGT, José Carrillo, aproveitou o acto para facer un chamamento á unidade, tanto sindical, como da xente de esquerdas e socialdemocráta do país, ante o ataque que está sufrindo a clase traballadora polas dinámicas neoliberais do mercado, que ten aproveitado a crise para recortar dereitos laborais, segurade laboral e salarios, e sen que as forzas políticas fixeran nada ata o momento para atallalo.

Carrillo convocou a todos os traballadores e traballadoras a participar na manifestación do vindeiro luns 1 de maio que, na Coruña, sairá ás 12:00 horas dende a praza da Palloza e se dirixirá ata a Delegación do Goberno (praza Ourense). Baixo o lema “NON HAI ESCUSAS”, UGT e CCOO chaman á cidadanía galega a saír á rúa para demandar emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social.

 

 Premios 1º de maio 2017

 José Manuel Vázquez

 UGT Coruña-Cee premiou ao ex-secretario xeral da FSP-Galicia, José Manuel Vázquez, pola súa longa traxectoria sindical. Traballador de Federación de Correos e Telégrafos e afiliado á UGT dende 1979, Vázquez desempeñou diversos cargos de responsabilidade sindical ao longo da súa vida. En 1984, foi elexido secretario xeral da FSP-UGT da provincia da Coruña. En 1988, no congreso constituínte de FSP-UGT Galicia, foi elexido secretario de organización e administración.

Vázquez foi elexido Secretario Xeral de FSP-UGT Galicia no primeiro congreso ordinario da federación, no ano 1990, responsabilidade que desenvolveu ata a recente data de 27 de maio de 2016, cando se constituiu a nova federación de servizos públicos e ensino FeSP-UGT de galicia. Tamén foi membro dos organismos confederais de UGT, sendo membro do Comité confederal dende 1995 ata 2016.

Plataforma de Defensa da Sanidade Pública Galega

O doutor Ramón Veras recolleu, en nome da Plataforma de Defensa da Sanidade Pública Galega, o premio de 1º de maio outorgado pola UGT. Veras estivo acompañado por unha diversa representación de membros de SOS Sanidade Pública da Coruña.

A Plataforma de Defensa da Sanidade Pública Galega é un movemento que agrupa a partidos políticos, centrais sindicais, asociacións de veciños, asociación culturais, asociacións de pacientes e ONGs, cun ámbito galego e comarcal. É o movemento europeo máis potente e con maior duración no tempo de oposición á privatización sanitaria e de defensa da sanidade pública. As mobilizacións cidadás galegas máis potentes, despois de Nunca Máis, foron as protagonizadas por SOS Sanidade Pública, aliada en algunha delas coa xunta de persoal da área sanitaria respectiva.

En ningún sector galego existe un movemento unitario como na sanidade, como o formado arredor de SOS SANIDADE PÚBLICA, dende a chegada de Feijoo no ano 2009. O 21 de novembro de 2010, SOS convocou unha manifestación con carácter nacional, en Santiago de Compostela, d con vintecinco mil persoas de todas as cores e idades berrando a favor da sanidade pública. Esta mobilización supuxo a paralización do proxecto do partido popular de xestión clínica, que permitiría iniciar a privatización futura de diferentes servizos, os máis rendibles, en cada área sanitaria.

SOS e as diferentes plataformas comarcais nas que se organiza, teñen convocado nesta última década diferentes mobilizacións así como unha recollida de sinaturas para unha iniciativa lexislativa popular de protección da sanidade pública. Actualmente a Plataforma participa nos debates sobre da Morte Digna ou as accións en defensa da universalidade sanitaria en colaboración con Médicos del Mundo e Amnistía Internacional, a colaboración co Movemento Galego de Defensa da Saúde Mental ou a iniciativa coruñesa de creación do Consello Local de Saúde.

Modificado o ( lunes, 01 de mayo de 2017 )
 
28 Abril: Día Internacional da Saúde no Traballo
Escrito por UGT GALICIA   
miércoles, 26 de abril de 2017

Galicia, a primeira Comunidade en sinistralidade mortal cun índice de incidencia que duplica ao estatal

 

UGT Coruña-Cee e CCOO concentráronse diante da Confederación de Empresarios para demandar condicións seguras de traballo 

 Un ano máis, este 28 de abril, convértese nunha data na que os sindicatos van alzar a súa voz en lembranza e recoñecemento público de todos os traballadores falecidos ou vítimas dunha enfermidade por causas laborais. Esta data tamén serve para denunciar e poñer en evidencia que os danos derivados do traballo son evitables e que tanto as empresas como as administracións teñen grandes responsabilidades nesta materia.

Modificado o ( lunes, 01 de mayo de 2017 )
Leer más...
 
Galicia, a terceira Comunidade na que máis medra o desemprego
Escrito por UGT Coruña   
jueves, 27 de abril de 2017

Galicia, a terceira Comunidade na que máis medra o desemprego

UGT-Galicia fai unha lectura moi negativa dos datos da EPA facilitados hoxe que amosan unha suba moi significativa do desemprego en Galicia no primeiro trimestre do ano, moi por riba do que sucede no resto do Estado; un mercado laboral cada vez máis contraído; altos niveis de precariedade nas familias, xa que xa son moitas as que teñen a todos os seus membros no paro e as que non perciben prestacións; un alto nivel de rotación na contratación; unha taxa de parcialidade involuntaria moi elevada; e, de novo, a lacra do paro de longa duración que persiste e xa é un elemento estrutural do mercado laboral galego...

Modificado o ( lunes, 01 de mayo de 2017 )
Leer más...
 
Alcanzado un acordo preliminar para a industrial Plan FerroAtlántica España
Escrito por UGT Coruña-Cee   
miércoles, 12 de abril de 2017

Alcanzado un acordo preliminar para o Plan Industrial de FerroAtlántica España

O pasado sábado día 10 de abril, UGT-FICA, CCOO Industria, USO e SU (que representan o 73% de representación sindical en FerroAtlántica en España) asinaron o acordo preliminar 2017-2025 plan industrial do Grupo.

A sinatura deste acordo preliminar é motivada polo forte compromiso das organizacións asinantes para a creación e estabilidade de emprego, modelos de rexuvenecemento, formación e produción importante e desenvolvemento de novos investimentos en tecnoloxía.

En concreto, o Plan Futuro garante os seguintes obxectivos:

• Máis de 200 millóns de euros de investimento. Destes, máis de 160 millóns están destinados a novas instalacións e novos desenvolvementos tecnolóxicos representan apostas importantes para o futuro para o Grupo.

• Creación de 940 postos de traballo en total, dos cales 376 empregos son empregos propios, representando un aumento de forza de traballo de máis de 40%.

• Garantía de Emprego varios anos para o persoal actual do Grupo.

• contrato Respite para o período 2017-2025.

• Plan de Formación.

• Plan de Responsabilidade Social Corporativa.

• Plan de Saúde e Seguridade.

• Plan Ambiental.

• Plan de Igualdade.

A obtención dos recursos financeiros necesarios para desenvolver este plan son de responsabilidade da empresa. O lado social ten manifestado sobre esta cuestión que carece de capacidade para determinar a orixe dos recursos extraordinarios esixidas en calquera caso, garantirase en todo momento que as decisións empresariais respectan a lei e manter o emprego ea capacidade produtiva grupo.

MÁIS INFORMACIÓN:

- COMUNICADO DE UGT-FICA

- PREACORDO ASINADO ENTRE FERROATLÁNTICA E SINDICATOS 


 

Modificado o ( lunes, 01 de mayo de 2017 )
 
Mobilizacións 23M. Stop á avaricia empresarial.
Escrito por UGT   
viernes, 17 de marzo de 2017

Movilizaciones 23M - Stop Avaricia EmpresarialMobilizaciones 23M. Stop a la avaricia empresarial

Las movilizaciones, iniciadas en diciembre y que prosiguieron el 19 y 22 de febrero, continúan el 23 de marzo con una nueva jornada de lucha y reivindicación.

En los centros de trabajo de todo el país, reclamaremos EMPLEO, SALARIOS DIGNOS, Y LA RECUPERACIÓN DE DERECHOS SOCIALES.

Llevamos 3 años de crecimiento económico. Las previsiones para los próximos dicen que seguirá la tendencia. Aumenta el beneficio empresarial. ¿Por qué las mejoras no llegan a las familias trabajadoras?

Los problemas creados por los recortes no se corrigen, al contrario, se agravan. Aumenta la precariedad laboral, las desigualdades y la pobreza. No se percibe voluntad política para revertir esta situación. El diálogo social bipartito y tripartito no avanza.

Sobran razones para la movilización. Por ello, convocamos el 23 de marzo asambleas informativas en los centros de trabajo, concentraciones y paros en las grandes empresas…

Decimos sí a negociar. Decimos sí a mejorar los salarios. Decimos sí a más y mejor empleo. Decimos sí a trabajos dignos. Decimos sí a repartir el crecimiento. Decimos sí porque es de justicia.

Modificado o ( lunes, 01 de mayo de 2017 )
 
Masiva manifestación en defensa dos postos de traballo de FERROATLÁNTICA
Escrito por UGT Coruña   
lunes, 13 de marzo de 2017

Masiva manifestación en defensa dos postos de traballo de FERROATLÁNTICA

Preto de 7.000 persoas secundaron a marcha dos traballadores da central de Ferroatlántica pola vila de CEE 

 

 O Comité de empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría, convocou o venres 10 de marzo, unha manifestación que partiu desde a fábrica de Brens e rematou na praza do Concello de Cee; como resposta ao anuncio de venda das Centrais hidroelécticas dos ríos Xallas e Grande que a empresa pretende realizar.

Baixo o lema "As centrais non se venden,o futuro da comarca está en xogo" miles de persoas percorreron as rúas de Cee demandando á Xunta de Galicia que se pronuncie claramente e que aposte polo mantemento dos postos de traballo na Costa da Morte.

A manifestación coincidiu tamén coa convocatoria dunha xornada de folga, que foi secundada polo 90% dos traballadores da fábrica así como polas empresas auxiliares que aoomenten a construcción das tres minicentrais no río Xallas.

 

Modificado o ( viernes, 17 de marzo de 2017 )
 
9 marzo: FOLGA NO ENSINO
Escrito por FeSP-UGT   
domingo, 26 de febrero de 2017

Foto de Ugt A Coruña.A Plataforma en Defensa do Ensino Público convoca folga en todos os niveis educativos para o día 9 de marzo

En A Coruña a manifestación partirá as 12:0 horas da praza da Palloza

A Plataforma en Defensa do Ensino Público, da que forman parte UGT, CONFAPA-Galicia, Sindicato de Estudantes, Escola Viva, IESGA, STEG e CC.OO asinaron o Manifesto e convocatoria de folga de carácter unitario en todos os niveis e sectores do ámbito educativo de Galicia, baixo o lema “NON A LOMCE. NON OS RECORTES. POR UNHA ESCOLA PÚBLICA INCLUSIVA E DE CALIDADE”.

Documentos adxuntos a este artigo: Comunicado Folga 9 marzo

Modificado o ( lunes, 13 de marzo de 2017 )
Leer más...
 
UGT Coruña entrega o premio 8 marzo a Maria del Carmen Mañana
Escrito por Igualdade   
miércoles, 08 de marzo de 2017

UGT Coruña entrega o premio 8 marzo a Maria del Carmen Mañana

A Unión Intercormarcal UGT Coruña-Cee conmemorou o 8 de marzo, día da muller traballadora, cun acto reivindicativo no que se fizo entrega do Premio 8 de Marzo á sindicalista María del Carmen Mañana, delegada da empresa Arteixo Telecom.

O acto, no que participaron José Carrillo, Secretario Comarcal da UGT, a Secretaria de Igualdade de UGT- Galicia, Mónica Rodríguez Ponte, xunto con Isabel Lema, Secretaria de Igualdade da Unión Intercomarcal de UGT Coruña-Cee, serviu para analizar a discriminación da muller na comarca da Coruña -e no conxunto de Galicia.

UGT Coruña-Cee denunciou a actual situación de retroceso nos dereitos humanos e a igualdade das mulleres no noso país. Os progresos alcanzados en igualdade de xénero nas décadas anteriores e as esperanzas de lograr a igualdade efectiva entre homes e mulleres, se viron truncados polas políticas de recortes sociais do gasto público e as reformas laborais adoptadas polo Goberno do PP nos últimos cinco anos. A elo hai que sumar o desmantelamento das políticas de igualdade e a ineficacia das accións contra a violencia de xénero.

 Premio 8 de marzo 2017 de UGT Coruña  a Maria del Carmen Mañana Illobre

Nos Premios 8 de marzo, UGT Coruña homenaxeou a larga traxectoria laboral e sindical da Compañeira Maria del Carmen Mañana Illobre, afiliada á UGT dende hai máis de 40 anos.

María del Carmen naceu en Santa Cruz, no veciño concello de Oleiros nos anos 50, e dende moi nova comeza a traballar, no ano 1974, na empresa ERICSON.En 1975 afíliase á Unión Xeral de Traballadores, e ao longo destes 43 anos desenvolveu a súa traxectoria laboral en empresas como TELETTRA ESPAÑA, ALCATEL e, dende 1996, en ARTEIXO TELECOM, compañía na que actualmente segue en activo.

Ao longo da súa vida, Maria del Carmen compaxinou a súa profesión coa maternidade e coas súas responsabilidades sindicais.Formou parte do comité de empresa de Arteixo Telecom como delegada e foi secretaria do Comité durante os anos 2005 e 2015.Actualmente continúa sendo delegada pola Unión Xeral de Traballadores no comité da súa empresa.

Modificado o ( lunes, 13 de marzo de 2017 )
 
UGT Galicia presentou na Coruña os resultados do Informe "A Situación Laboral da muller en Galicia"
Escrito por Igualdade   
martes, 07 de marzo de 2017

As mulleres galegas seguen a sufrir máis desemprego, máis precaridade e menor protección socialAs mulleres seguen a sufrir máis desemprego, máis precaridade e menor protección social

Un ano máis, o 8 de marzo é unha data para a denuncia. A crise situou a moitas mulleres no limiar da pobreza e exclusión

O pasado martes 7 de marzo, coincidindo cos actos reivindicativos de UGT Coruña polo Día da Muller Traballadora, a Secretaria de Igualdade de UGT Galicia, Mónica Rodríguez Ponte, presentou en A Coruña os resultados do INFORME de UGT sobre a SITUACIÓN LABORAL DA MULLER EN GALICIA. A Secretaria de Igualdade da Unión Intercomarcal UGT Coruña-Cee, Isabel Lema, presentou o informe para a COMARCA DA CORUÑA. 

Segundo este informe, aínda que no eido lexislativo existen medidas para promover o cumprimento do principio de igualdade de trato entre homes e mulleres en materia laboral, a realidade é que aínda seguen a existir importantes discriminacións e desigualdades de xénero no emprego, o traballo e tempo parcial, as retribucións, as pensións, a toma de decisións e a ocupación dos postos de responsabilidade, o traballo non remunerado e a asunción das responsabilidades familiares...

Modificado o ( lunes, 13 de marzo de 2017 )
Leer más...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 20 - 38 de 686