Inicio
 
     
Actualidade
manifestacións do 1º de maio convocadas por UGT e CCOO na Coruña
Escrito por UGT Coruña   
miércoles, 29 de abril de 2015

 
Os Secretarios Xerais de UGT e CCOO, da Coruña, José Carrillo e Demetrio Vázquez, presentaron o manifesto e os actos do Primeiro de Maio, que neste 125 Aniversario en España se celebra baixo o lema "Así non saímos da crise. As persoas son o primeiro". 

Neste Primeiro de Maio o obxectivo do sindicatos é o fin das políticas de austeridade e recortes e rematar coas reformas que produciron máis paro, menores salarios, máis pobreza, máis desigualdade. Un cambio radical nas políticas europeas que leven consigo emprego de calidade, o necesario cambio do modelo produtivo, un impulso tecnolóxico e das políticas enerxéticas e o aumento da cohesión social.  
 
Os representantes locais de UGT e CCOO defenderon unha saída da crise "máis digna e máis xusta" e criticaron as medidas adoptadas dende 2010, que "alimentaron" unha recesión de consecuencias "desvastadoras" no emprego, a cohesión social e as condicións de vida dos cidadáns. En Galicia, máis da metade dos parados levan máis dun ano buscando emprego, o 90% dos contratos son temporais e que hai máis de 90.000 fogares galegos con todos os seus membros no paro.

En España, "seguimos sendo un caso extremo de estragos sociais e laborais das políticas de rescate. Máis alá da recuperación, asistimos a unha regresión social, política e económica. O paro está case no 24%, 6 de cada 10 desempregados son parados de longa duración e o 52% dos mozos están sen un emprego. Ademais, hai unha caída do número de ocupados e dos activos que testemuña a escasa credibilidade que ten a poboación do noso país na recuperación".
Modificado o ( miércoles, 29 de abril de 2015 )
 
O persoal de Cobra mobilízase para esixir a subrogación na nova contrata
Escrito por FES-UGT Coruña   
miércoles, 29 de abril de 2015

O persoal da empresa Cobra mobilízase diante de Gas Natural Fenosa para esixir a subrogación na nova contrata





Os traballadores e traballadoras de Cobra que realizaban a lectura, corte e reposición de Gas Natural Fenosa concentráronse este mércores de 10 a 11 horas diante dos edificios que a empresa de enerxía ten en Bens para esixir a subrogación de todo o cadro de persoal na nova empresa adxudicataria do contrato, Incatema. 

UGT e CIG denuncian que dende que Incatema se fixo co servizo de lectura, corte e reposición, hai menos de un mes, xa acumula 10.000 ordes de servizo atrasadas, co prexuízo que isto supón para a cidadanía. 

Así mesmo, advirten que non se está a realizar a lectura de contadores, polo que as próximas facturas serán estimativas e poderían supor un incremento no prezo da mesma. Por iso, dende as centrais sindicais pídese aos usuarios e usuarias que revisen as súas facturas e fagan as reclamacións oportunas.

A este respecto, nunha reunión mantida con Gas Natural Fenosa, o pasado 27 de marzo, os representantes da eléctrica aseguraron que ían facer cumprir a lei, “pero nestes momentos teñen contratada unha empresa, Incatema, que non ten convenio de aplicación na provincia da Coruña e ofrece aínda peores condicións que as de Cobra. Está pagando sobre 700 euros por traballar 8 ou 9 horas”. 

UGT e CIG acusan a Gas Natural Fenosa de incumprir todos os compromisos adquiridos cos sindicatos, xa que tampouco mediou coa nova contratista para que asumira o persoal de Cobra. “A día de hoxe tan só temos constancia de 7 traballadores que están en Incatema, e véndose obrigados primeiro a pedir a baixa voluntaria en Cobra”. “

Reclamamos a Fenosa que cumpra a súa palabra e manteña todos os postos de traballo”, engaden. Máis, tendo en conta que a gran maioría dos traballadores e traballadoras de Cobra levan moitos anos realizando este servizo e son as únicas persoas que coñecen a localización exacta de cada un dos contadores, especialmente complexa no medio rural. 

Xunto a isto, a representación sindical acusa a Gas Natural Fenosa de estar en conivencia coas súas auxiliares pois “cunhas condicións laborais precarias a contrata  sáelle máis barata e tanto unhas como outras obteñen máis beneficios”. Sobre este conchabeo entre a principal e as auxiliares, vale dicir que Gas Natural Fenosa retirou a contrata de Cobra na lectura de contadores da provincia da Coruña pero “como premio” vén de entregarlle a contrata de media tensión en Compostela. 

“As intencións de Gas Natural Fenosa son claras: poder contar con traballadores/as  escravizados/as para cada día gañar miles de millóns de euros”. Así as cousas ao remate da concentración deste mércores, o persoal celebrou unha asemblea no edificio de sindicatos da Coruña, na que se acordou levar a cabo un novo calendario de mobilizacións para esixir a súa subrogación.
Modificado o ( miércoles, 29 de abril de 2015 )
 
28 de abril, Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo
Escrito por UGT Coruña   
martes, 21 de abril de 2015

https://scontent-mad.xx.fbcdn.net/hphotos-xpa1/v/t1.0-9/11182249_1448109635481812_2443121457206554741_n.jpg?oh=b77f3d6c4058dfe26de97b835330d24c&oe=55A3C93F

 

OS RECORTES ATENTAN CONTRA A DEMOCRACIA E A SAÚDE NO TRABALLO

 

A conmemoración do 28 de abril, Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo, permítenos aos sindicatos alzar a voz en lembranza e recoñecemento público de todos os traballadores e traballadoras que faleceron ou enfermaron por causas laborais, e tamén denunciar e poñer en evidencia que os danos derivados do traballo son evitables e que as empresas e os poderes públicos teñen grandes responsabilidades na súa prevención.

 

 CALENDARIO DE ACTOS

 

A CORUÑA

28 DE ABRIL

CONCENTRACIÓN CONXUNTA DE DELEGADOS CON CC.OO ÁS 12.30 H.

CONCENTRACIÓN DIANTE DA DELEGACIÓN DO GOBIERNO EN GALICIA

PRAZA DE OURENSE (A CORUÑA)


Modificado o ( viernes, 24 de abril de 2015 )
 
Premios 1º Maio UGT Coruña-Cee 2015
Escrito por UGT A CORUÑA   
lunes, 27 de abril de 2015

UGT Coruña-Cee homenaxea nos seus premios 1º de maio ao sindicalista Santiago Lamas, á Plataforma de afectados pola Hepatite C e ao xornalista Jose Manuel Gutiérrez

 

A Unión Intercomarcal de UGT Coruña-Cee homenaxeao o pasado venres, nos seus Premio 1º de Maio, nun acto celebrado na sía sede da Coruña, ao compañeiro Santiago Lamas Piñón, afiliado da federación de servizos para movilidade e consumo de coruña-cee-barbanza.

Santiago Lamas é mariño mercante e conta cunha dilatada traxectoria dentro da nos organización, tras moitos anos de militancia e compromiso coa Unión Xeral de Traballadores, durante os cales ostentou cargos como o de Sº Xeral da sección sindical estatal de UGT en remolques maritimos de salvamento marítimo. Foi tamén Sº nacional do sector do mar na provincia da Coruña, Sº xeral da Federación de Transportes, Comunicación e Mar da Coruña e Sº Organización da Federación de TCM de Galicia. Santiago Lamas Piñon xubilouse no ano 2006 máis aínda non se xubilou da súa actividade sindical, pois é presidente da comisión de control de SMC-Galicia.

Plataforma Galega de afectados e afectadas pola hepatiti C

A Hepatite C é unha enfermidade dentificada en 1989 para a cal non había unha espectativa clara de curación, ata que en 2013 fixeron aparición os fármacos de última xeración capacees de eliminar o virus nun 95% dos casos. O 1 de novembro de 2014 incorporouse o devandito fármaco ao noso sistema nacional de saúde pero só se prescribía a un número moi reducido de casos, deixando fóra de cobertura o 95% dos enfermos de hepatite C.

Ante esta situación tan inxusta, que ía en contra de todos os criterios médicos establecidos por todas as sociedades científicas, os afectados empezaron a organizarse para esixir os seus dereitos. En Galicia, o día 19 de decembro de 2014 constituíuse a Plataforma Galega de afectados e afectadas pola hepatiti C, co fin de iniciar mobilizacións para esixir o acceso aos tratamentos por parte de todos os afectados por esta enfermidade, siguiendose criterios exclusivamente médicos.

A partir dese momento comeza a loita da plataforma, realización de múltiples accións de rúa, como marchas, reunións con grupos parlamentarios, roldas de prensa, Participación activa na manifestación en defensa da sanidade pública...Finalmente, dende o 1 de abril de 2015, no SERGAS, todos os enfermos de hepatite c con algún grao de fibrose teñen dereito a recibir este novo tratamento.Esta conquista foi froito da loita de todos os colectivos de afectados e do incrible apoio obtido da inmensa maioría da sociedade.

José Manuel Gutiérrez

Xornalista da OPINIÓN A CORUÑA, leva traballando no sector da comunicación máis de 25 anos, entre a radio e a prensa escrita. Case sempre en información local, aínda que tamén o fixen na económica. Durante este período cubrín numerosas informacións referidas a conflitos laborais na cidade, nos que mantivo unha continua relación cos sindicatos.Unha das súas ocupacións nos últimos anos foi a de moderar debates sobre temas de actualidade en La Opinión, nos que en numerosas ocasións solicitamos a participación dos representantes sindicais para que expuxesen a súa visión sobre a situación económica e social coruñesa, galega e española.

Modificado o ( lunes, 27 de abril de 2015 )
 
Charla informativa de UGT en Cee
Escrito por ugt coruña   
lunes, 20 de abril de 2015

Charla informativa en Cee, sábado 25 de abril.

 

  UGT Coruña-Cee organiza no concello de Cee una charla informativa abierta a todo o  público sobre:

  • -          Incapacidade temporal, partes de baixas e confirmación

  • -          Accidentes de traballo e enfermedades profesionais

  • -          Accidentes en itinere

  • -          Reclamacións contra altas médicas e prevención de riscos laboráis. Abonos dos gastos de transportes en caso de citacións por parte do INSS e das Mutuas.  

A charla terá lugar no salón de actos do Concello de Cee o sábado 25 de abril de 2015. Horario: 10:30 a 12:30 horas.


Modificado o ( martes, 21 de abril de 2015 )
 
Los despedidos de Santa Bárbara exigen a la empresa que se "siente a negociar"
Escrito por MCA-UGT Coruña   
viernes, 24 de abril de 2015
Los despedidos de Santa Bárbara exigen a la empresa que se "siente a negociar"
 

 Los despedidos de la sede asturiana de Santa Bárbara exigieron ayer  a la empresa que se "siente a negociar", acompañados por compañeros de UGT de la sección sindical de A Coruña.

Dentro de un mes, los despedidos de la Fábrica de Armas dejarán de cobrar la prestación por desempleo. Hará dos años ya que la empresa Santa Bárbara, de la multinacional General Dynamics, les echó de sus trabajos. Su situación es "límite".

Acompañados de centenares de personas, los 54 afectados se manifestaron en Oviedo para denunciar que la situación "ha cambiado mucho" en dos años y que hay carga de trabajo suficiente para que vuelvan a ser readmitidos "de forma inmediata". "Los despidos están basados en una gran mentira. Primero nos dicen que nos mueven por un plan de integración para garantizar el empleo. Y luego nos echan porque no hay trabajo. Pero ahora sí lo hay. Es una injusticia irracional", afirmaban los portavoces de los despedidos de la central asturiana.

Modificado o ( viernes, 24 de abril de 2015 )
 
Caravana ciclista de alimentos en Alcoa
Escrito por MCA-UGT Coruña   
viernes, 24 de abril de 2015
Modificado o ( viernes, 24 de abril de 2015 )
 
O Banco de Alimentos Rías Altas recibe unha axuda do fondo de solidariedade de ATLANTIS seguros
Escrito por Isabel Lema   
miércoles, 08 de abril de 2015

O Banco de Alimentos Rías Altas recibe unha axuda do fondo de solidariedade de ATLANTIS seguros 

 


 

 O grupo asesor ATLANTIS creou un fondo de soliedariedade a nivel estatal. No seu programa de axudas para o ano 2014 presentáronse 37 proxectos de todo o Estado, para os que se concederon 22 donacións por un total de 37.000€. Dentro de ditos proxectos, recoñeceuse o traballo do Banco de Alimentos Rías Altas da provincia da Coruña, polo seu compromiso e soliedariedade coa máis desfavorecidos. Atlandis concedeu unha axuda de 2.000€ que se entregou nun acto público celebrado o pasado 31 de maio na sede de UGT Coruña. 


No acto participaron Luís Camba, presidente do Banco de Alimentos, Luís Míguez, director comercial de Atlantis, José Antonio Gómez, Sº Xeral de UGT Galicia e José Carrillo, Sº Xeral de UGT Coruña-Cee. 

ATLANTIS é filial de tres grandes grupos aseguradores no ámbito da economía social europea, que presta servizo a máis de 22 millóns de clientes. O seu obxectivo é ofertar unha alternativa ao seguro tradicional, poñendo a economía ao servizo das persoas. Son tamén accionistas de Atlantis os sindicatos UGT e CCOO.
Modificado o ( miércoles, 08 de abril de 2015 )
 
Huelga indefinida en LITEYCA
Escrito por MCA-UGT Coruña   
lunes, 30 de marzo de 2015

 Huelga indifinida de los trabajadores de LITEYCA 

 
MCA-UGT se ha encontrado con los trabajadores de LITEYCA ante la sede de Telefónica en A Coruña en apoyo a sus justas reivindicaciones de readmisión de los compañeros injustamente despedidos por la subcontrata de telefónica.

Los trabajadores han convocado HUELGA INDEFINIDA a partir del próximo 6 de abril,  en demanda de su inmediata readmisión y que cese la política de deterioro de las condiciones laborales.

Modificado o ( lunes, 30 de marzo de 2015 )
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 115 - 133 de 682