Inicio
 
     
Actualidade
Asembleas informativas para analizar as negociacións dun novo AENC
Escrito por UGT Coruña-Cee   
lunes, 18 de junio de 2018

 

 

 

UGT-Galicia organiza  nas súas comarcas Asembleas informativas para analizar as negociacións dun novo AENC. Estas asembleas tamén teñen o obxectivo de mobilizar e chamar ás bases a participar, xa que as negociacións están avanzadas, nunha consulta de cara á posible sinatura definitiva do texto.

 

 

Modificado o ( lunes, 18 de junio de 2018 )
 
UGT e CCOO participan en A Campa 2018 polo dereito ao refuxio
Escrito por UGT Coruña-Cee   
sábado, 16 de junio de 2018

  UGT Coruña  participa esta fin de semana no movemento ACAMPA- POLA PAZ E O DEREITO AO REFUXIO

 


UGT Coruña e CCOO participan esta fin de semana nas actividades promovidas por ACAMPA- POLA PAZ E O DEREITO AO REFUXIO, un simbólico «campo de personas refugiadas» instalado en A Coruña, del 14 al 16 de Junio de 2018, a iniciativa da Plataforma das ONGs, organizacións e personas que conforman "Coruña Contra la Guerra". 

Na edición de 2018 o movemento Acampa pola paz e o dereito a refuxio quere chamar a atención sobre un tema moi grave e urxente e, non entanto, aínda non recoñecido por ningún Goberno: o dereito a refuxio por cambio climático. Informes de Nacións Unidas vaticinan que durante as próximas tres décadas as migracións por este motivo afectarán de 250 a 1.000 millóns de persoas. O 90 por cento deses movementos migratorios ocorrirá nos países menos desenvolvidos e dará lugar a novas e cada vez máis numerosas situacións de urxencia humanitaria.

Máis información sobre o evento en: http://rede.acampa.eu 

Modificado o ( lunes, 18 de junio de 2018 )
 
Concentración sindical hoxe diante da sede da Confederación de Empresarios da Coruña
Escrito por UGT Coruña-Cee   
martes, 22 de mayo de 2018

Foto de Ugt A Coruña.Concentracións hoxe diante da sede da Confederación de Empresarios da Coruña para demandan un novo acordo para o emprego e a negociación colectiva

​Ante a actitude da patronal na negociación do novo Acordo para o Emprego e  a Negociación Colectiva, mantendo posturas extremas que evidencian a súa falta de vontade para chegar a un acordo que traslade aos convenios colectivos a recuperación e o crecemento que xa están ater as empresas, UGT convocou hoxe, día 22,  unha xornada de loita pola negociación colectiva .

Xornada que en Galicia se concretou en catro concentracións nas  sedes das confederacións de empresarios de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. 

Para UGT, resulta inadmisible a posición que manteñen as organizacións empresariais na negociación para a renovación do Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva AENC, non só en relación ao incremento salarial, a xornada laboral e o emprego, senón tamén sobre a propia esencia e funcións que debe cumprir o AENC.

As organizacións empresariais non entenderon que xa non estamos nunha situación de profunda crise como a que vivimos de 2008 a 2013. UGT considera que o gran esforzo feito durante estes anos polos traballadores e as traballadoras debe reverterse agora, cando a economía crece con forza desde fai catro anos, créase emprego (aínda que de baixa calidade) e as empresas non só recuperáronse, senón que se atopan en mellor situación que antes. Por iso, UGT propón na mesa de negociación un Acordo que corrixa os desequilibrios xerados ao longo da crise en salarios, emprego, xornada, saúde laboral, etc.
oda esa erosión de dereitos laborais, que contribuíu a elevar a precariedade laboral ata niveis extremos, non pode continuar. Nin é posible, nin eficiente, nin xusto. Por iso, UGT propón na mesa de negociación un Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva acorde coa nova etapa de bonanza, que emende os desequilibrios que se xeraron ao longo da crise en todas as materias que aborda o acordo.
Modificado o ( martes, 22 de mayo de 2018 )
 
16 de maio Concentracións por unhas pensións dignas #Pensionsdignas
Escrito por UGT Coruña Cee   
lunes, 14 de mayo de 2018
Foto de Ugt A Coruña.
Modificado o ( lunes, 14 de mayo de 2018 )
 
Movilización feminista 16 de maio "Compromiso = Presuposto"
Escrito por UGT Coruña Cee   
lunes, 14 de mayo de 2018

 

Foto de Ugt A Coruña.

 

 Movilización feminista 16 de maio "Compromiso = Presuposto", contra o incumprimento nos Orzamentos Xerais do Estado dos 200 millóns de euros comprometidos polo Goberno contra a violencia machista e compartimos as denuncias expresadas no Manifesto da Mobilización Feminista.

Modificado o ( lunes, 14 de mayo de 2018 )
 
A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia mobilízase o 8 de maio contra a LOMCE e os reco
Escrito por UGT Coruña-Cee   
martes, 08 de mayo de 2018
Cartel das mobilizacións

Cartel das mobilizacións

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia mobilízase o 8 de maio contra a LOMCE e os recortes

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, integrada por UGT, CCOO, CONFAPA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva, convida a toda a comunidade educativa a secundar as mobilizacións previstas para o vindeiro 8 de maio contra a LOMCE e os recortes. A Plataforma cttica que os orzamentos estatais do 2018 "propoñen destinar a educación só o 3,8 % do PIB, niveis similares aos de 1992, hai xa máis dun cuarto de século. Para as organizacións que a integran, trátase dun recorte que prexudicará «brutalmente» a escola pública.

Na CORUÑA,  a Plataforma concentrarase ás 20:00 horas, diante da Delegación do Goberno.

Modificado o ( martes, 08 de mayo de 2018 )
 
Milleiros de persoas saíron á rúas o 1º de maio na Coruña
Escrito por UGT Coruña-Cee   
miércoles, 02 de mayo de 2018

Milleiros de persoas saíron á rúas o 1º de maio na Coruña na manifestación convocada por UGT e CCOO

Milleiros de persoas saíron o 1º de maio á rúa na manifestación convocadas por CCOO e UGT baixo o lema «Tempo de gañar, igualdade, mellor empleo, mayores salarios e pensións dignas».

José Carrillo e  Cristóbal González Triñanes, dirixentes dos dous sindicatos comarcais, demandaron ao goberno e á patronal que, nesta etapa de recuperación económica, a negociación colectiva reflicta una mellora substancial dos salarios en xeral e dos máis baixos en particular, con cláusula de garantía para protexer o poder adquisitivo fronte a un aumento excesivos dos prezos dos produtos de consumo. Tamén esixiron o aumento dos compromisos empresariais en relación coa estabilidade e calidade do emprego, a redución das desigualdades, a protección da saúde e o investimento produtivo.

 En palabras de Carrillo "O 14℅ dos traballadores e traballadoras en España son pobres por culpa dun goberno que da as costas a quen fixo o maior esforzo da crise"

"Non e unha crise, e unha estafa!" Milleiros de persoas na Coruña saen a rua para criticar unha reforma laboral en contra da clase obreira

Actualmente,nove de cada dez contratos son temporais e a súa duración media é cada vez menor: case a cuarta parte deles duran menos dunha semana. A contratación a tempo parcial, na maioría dos casos involuntaria,gañou peso nestes últimos anos. As mulleres son as principais prexudicadas desta situación. Ademais, o 77 % do emprego a tempo parcial está ocupado por mulleres e a fenda salarial de xénero provoca que deixen de percibir, por un traballo igual ou de superior valor, case 5000 euros anuais.

 Máis pobreza e desigualdade

A desigualdade e a pobreza acadan niveis moi superiores aos que había antes da crise. A pobreza cronificouse: 67.500 fogares teñen todo sos seus membros activos en paro e 34.700 persoas carecen de ingresos.O emprego crece, pero á custa de maior precariedade, pois segue aumentando o número de persoas en risco de pobreza.

Recuperara negociación colectiva

Ante esta situación, os secretarios xerais de UGT e CCOO reivindicaron a necesidade de «revitalizar» a negociación colectiva, para que nela se reflicta unha «mellora substancial» dos salarios en xeral e dos máis baixos en particular, con cláusula de garantía para protexer o poder adquisitivo fronte a un aumento excesivos dos prezos dos produtos de consumo. Como exemplo puxeron o recente acordo asinado no ámbito do emprego público para a recuperación salarial e da estabilidade do emprego.

 

Pensións dignas e de calidade!

UGT e CCOO demandan dereitos salariais e pensions dignas nunha manifestación que aúna reivindicacións sociais como a protestas por unhas pensións dignas que encabeza UGT dende hai case dous anos, a loita pola igualdade do movemento feminista ou a loita contra a violencia de xénero. 

Un seguemento da manifestación pode verse no twitter de UGTCoruña: https://twitter.com/UGTCoruna

 

 

Modificado o ( miércoles, 02 de mayo de 2018 )
 
ENTREGA DOS PREMIOS PRIMEIRO DE MAIO MARZO 2018
Escrito por UGT Coruña-Cee   
viernes, 27 de abril de 2018

UGT homenaxea, nos XV Premios Primeiro de Maio, a Carlos Traviesas, a Sección Sindical de Ferroatlántica-Sabón e á xornalista Yolanda López

 

A Unión Xeral de Traballadores conmemorou O pasado 27 de maio o Día do Traballo cos Premios 1º de maio que entrega a Unión Intercomarcal Coruña-Cee da UGT e que este ano cumpriron a súa XBV edición. 

Os XV Premios I Maio de UGT Coruña-Cee recoñecen o labor do sindicalista Carlos Traviesas, nado en A Pontenova e recén xubilado de UGT no Concello de Culleredo despois de 30 anos de dedicación ao concello e á sección sindical da UGT. O actual alcalde de Culleredo, J.R. Rioboo acodeu tamén ao acto de entrega dos Premios I de Maio en recoñecemento do traballo de Carlos Traviesas todos estes anos. 

O segundo premio foi entregado á Sección Sindical de Ferroatlántica- Sabón, que representan a forza sindical maioritaria nunha empresa que se enfronta a grandes retos pola súa dependencia do sector eléctrico. O Deputado no Congreso dos Deputados, Ricardo García Mira, participou tamén no acto, e comprometeuse a levar a voz do comité de Ferroatlántica ao Parlamento.

O terceiro premio deste ano entregóuselle á xornalista da Radio Galega, Yolanda López. Yolanda López traballa na delegacion da CRTVG na Coruña cubrindo a información xudicial e laboral. Na súa traxectoria tamén hai que destacar que foi cofundadora da Asociación Profesional de Xornalistas da Coruña, e do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. O Secretario Xeral de UGT Coruña-Cee, José Carrillo, entregoulle o premio I Maio en recoñecemento pola boa cobertura mediática que a Yolanda López realiza dos conflitos laborais da comarca da Coruña.

Modificado o ( miércoles, 02 de mayo de 2018 )
 
La actuación judicial no puede ir a la zaga de la sociedad frente a las agresiones sexuales
Escrito por Igualdade   
jueves, 26 de abril de 2018

La actuación judicial no puede ir a la zaga de la sociedad frente a las agresiones contra las mujeres 

La actuación judicial no puede ir a la zaga de la sociedad frente a las agresiones contra las mujeres 

Desde el más absoluto respeto a la independencia del Poder Judicial y al trabajo de sus integrantes, la Unión General de Trabajadores manifiesta su absoluta perplejidad e incomprensión ante el contenido de la sentencia pronunciada hoy por la Audiencia de Navarra en relación con la violación de una mujer producida durante los Sanfermines de 2016, en el caso conocido como “la manada”. 

A sabiendas de que este caso puede tener aún un largo recorrido judicial en otras instancias, y plenamente conscientes del perjuicio que ocasiona la transformación de casos como éste, en el que están en juego derechos fundamentales, en espectáculos mediáticos poco propicios para el análisis en profundidad de cuestiones que requieren conocimientos específicos, UGT manifiesta: 

  • La actuación judicial no puede ir a la zaga de la sociedad en contundencia frente a las agresiones violentas contra las mujeres. La lucha contra el machismo, la violencia de género, los abusos sexuales, la discriminación por razón de sexo se ha convertido, con toda justicia, en una exigencia prioritaria de nuestra sociedad en la que decenas de mujeres son asesinadas cada año por el terrorismo machista. 
  • La administración de Justicia no se puede permitir ni una sola sospecha de pervivencia de criterios sexistas en sus actuaciones. El lastre cultural que pervive en multitud de formas en nuestras sociedades y del que son víctimas las mujeres, debe ser combatido conscientemente desde las instancias encargadas de hacer cumplir las leyes.
  • El Sindicato alerta sobre el peligro de que -al amparo de la escasa contundencia de algunas sentencias judiciales respecto de la vida, la seguridad y los derechos fundamentales de las mujeres- retrocedamos en la condena social de este tipo de comportamientos y actitudes, en cuya erradicación deben manifestar su absoluto compromisos todas las instancias del Estado. 

UGT considera necesario hacer patente, de forma pacífica, el rechazo a la violencia machista, y a cualquier forma de tolerancia o minusvaloración de la misma venga de donde venga, por lo que el Sindicato apoya las concentraciones convocadas en distintos puntos del país y llama a los trabajadores y trabajadoras a participar en las mismas. ​ 

 

Modificado o ( miércoles, 02 de mayo de 2018 )
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 1 - 19 de 718