Actualidade
II Congreso FCHTX Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
lunes, 26 de octubre de 2009

congresoO II Congreso Provincial reelixe a Celestino Criado como Secretario Xeral da Federación de Comercio, Hostalería, Turismo e Xogo de UGT

No seu discurso, o Secretario provincial recalcou a importancia do turismo para o desenvolvemento do sector servizos na nosa provincia, fronte as deslocalizacións de empresas como Caramelo «Seguro que a torre de Hércules non a poden levar a outro sitio, nin tampouco as praias».

Francisco Domínguez y Celestino Criado Currás, responsables estatais e provincial da federación de comercio, hostalería, turismo e xogo de UGT resaltaron o pasado venres a estabilidade destes atractivos: “O turismo é a mellor aposta para saír da crise, pero faise necesario deixar de prisioneiros dos mercados emisores, como o turismo inglés, que baixou entre el 20 y el 22 por cento. Hai que abrir novos mercados como o ruso, o chino ou a India, apostar polo turismo gastronómico, que aumentou nun 5%”.

A nova executiva provincial da FCHTX estará composta por Celestino Criado, Sº Xeral; Álvaro Cajigal, Sº Organización; Elena Martínez, Sª Administración e Formación; Mónica Sánchez, Sª Acción Sindical; David Lago, Sº Comercio; José Luis Otero, Sº Hostalería e Xogo; Sonia Rodríguez, Sª Igualdad; Manuel Castro, Sº Prov, Santiago/Barbanza; e Montserrat Freire, Sª Prov. Ferrol.

Modificado o ( domingo, 29 de noviembre de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE