Inicio
 
     
Actualidade
Educación infantil Imprimir E-Mail
Escrito por FETE   
miércoles, 21 de octubre de 2009

Educación infantil, LOE e o VI Convenio de Educación Privada

A LOE establece moi claramente no seu artigo 12 que a Educación Infantil constitúe unha etapa educativa con identidade propia que atende aos nenos e nenas desde o seu nacemento ata os seis anos de idade.

Na actualidade as Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio Galego cobren 4.056 prazas, as xestionadas polos Concellos 5.146. A estas prazas hai que sumarlles 3.200 de centros pertencentes a entidades de iniciativa social e 1.446 de centros que participan no programa de cheque infantil. Isto fai un total de 13.851 prazas.

A esta cifra hai que engadirlle as de titularidade completamente privada ata unha cantidade aproximada de 23.000 prazas. En Galicia hai arredor de 60.000 nenos de 0 a 3 anos polo que máis do 60% non teñen posibilidades de escolarización...

Polo que se pode ver hai unha gran variedade de centros e, como consecuencia, de condicións laborais dos traballadores.

A isto engádese que en Galicia xa hai centros concertados que están a impartir o ensino de 0 a 3 anos (sen que as unidades estean concertadas). A patronal pretende incorporar ao convenio de ensino concertado aos profesionais desta etapa. Non habería ningún problema se non fose porque o salario e xornada que propón a patronal para estes traballadores resulta moi desfavorable con respecto aos traballadores da etapa de 3 a 6 anos. Non podemos esquecer a máxima a igual traballo, igual salario, e, polo tanto, non podemos consentir esta discriminación.

FETE-UGT, sindicato que ten representatividade en todos os tipos de centros sinalados, loitará para que melloren as condicións laborais dos traballadores de todos os tipos de centros, evitando calquera discriminación.

Xuntos podemos máis

 

Modificado o ( viernes, 06 de noviembre de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE