Inicio arrow Traballadores do Ensino (FETE) arrow comisión privada concertada
 
     
Actualidade
comisión privada concertada Imprimir E-Mail
Escrito por FETE   
viernes, 25 de septiembre de 2009

E. ConcertadoREUNIÓN (por fin!) da Comisión Tripartita de Ensino Privado Concertado

Onte, xoves 24 de setembro, tivo lugar, por fin!, a reunión da CTEPC. As organizacións sindicais FETE-UGT, FSIE, CCOO e USO presentamos un escrito conxunto reivindicando a solución dos temas dos que xa vos falamos no UGT-INFORMA anterior:

Paga dos 25 anos: reivindicamos que o aboamento da paga apareza contemplado nas instruccións do pago delegado como un concepto retributivo vinculado á antigüidade,  de xeito que se faga efectivo de forma automática...

 

Acordo de mantemento de emprego: Reivindicamos a prórroga do Acordo finalizado o 31 de agosto mediante unha addenda que mellora o actual.

Melloras laborais e económicas para avanzar na homologación: Reivindicamos que a Consellería de Educación teña previsto para os orzamentos do próximo ano unha partida económica que posibilite:

  • Establecemento dun complemento retributivo para o PAS
  • Avanzar no proceso de homologación salarial por riba do xa acordado
  • Pago de complementos de cargos
  • Incremento de cadros de persoal
  • Diminución de horas lectivas

Cómpre dicir que José Manuel Pinal Rodríguez, Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, amosou un talante dialogante e receptivo. Mais tamén debemos dicir que o único compromiso que conseguimos pola súa parte foi o de que no prazo dunha semana nos respondería se é posible ou non o establecemento da Addenda para o mantemento de emprego.

Con respecto a todo o demais non ofreceu ningunha resposta concreta, limitándose a dicir que xa se falaría deles pero que deberiamos ter presente que os orzamentos da consellería diminuíran.  Quere dicir isto que non hai cartos para melloras salariais? É moi pronto para dicir nada. Xa veremos, xa vos informaremos. 

 

Xuntos podemos máis

 

Secretaría de Ensino Privado FETE-UGT Galicia
Modificado o ( viernes, 25 de septiembre de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
Destacados