Inicio
 
     
Actualidade
publicación convenio comercio vario Imprimir E-Mail
Escrito por CHTX   
viernes, 31 de julio de 2009

Entra en vigor a aplicación do Convenio Colectivo de Comercio Vario

Os incrementos e atrasos recollidos no Convenio deberán abonarse na nómina do mes de agosto

O 30 de xullo procedeuse, tras unha longa espera e dunha duración negociación, a publicación do Convenio Colectivo de Comercio vario da Provincia da Coruña.

O Convenio será de aplicación a todas as empresas adicadas ao comercio de metal, textil, pel e materiais de construcción entre outros.

Este convenio supón un incremento nos salarios existentes (correspondentes ao ano 2007) do 5% para o ano 2008 e do 2,25% para o ano 2009. Esto traducido en euros supón – n a maioría das categorías- unha media aproximada de 900 ou 1000 euros de atrasos, que poderán verse incrementados atendendo á antiguedade dos traballadores.

O Convenio terase que aplicar – como moi tarde- na nómina do mes de agosto en todas as empresas do sector, así como os atrasos producidos.

No caso de que non sexa así, os traballadores/as deberán á súa empresa a aplicación de dito convenio.

Modificado o ( sábado, 01 de agosto de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >