Inicio
 
     
Actualidade
Despidos en Cortefiel Imprimir E-Mail
Escrito por CHTX   
viernes, 17 de julio de 2009

cortefielConcentración en Cortefiel

 

Os traballladores de Cortefiel, xunto con representantes sindicais de UGT, concentráronse esta mañá nas portas de Cortefiel na rúa Juan Flórez, en protesta polos despidos indiscriminados que está a levar a cabo a empresa.

Os traballadores de Cortefiel denuncian o despido de dúas traballadoras con máis de trinta anos de antigüedade co obxectivo de poder contratar a xente a tempo parcial.

Así mesmo, os representantes sindicais teñen que teñen claro que a empresa vai continuar cos despedimentos, tal como se veñen facendo noutras comunidades. Por outra parte, a empresa tampouco facilitou o balance económico e que se abriron recentemente outras tendas, o que contrasta a vontade de abaratar custos da empresa.

Álvaro Cajigal, representante de UGT, afirma que "isto non vai rematar aquí" e que están dispostos "a chegar a onde sexa necesario" para que se proceda á readmisión das dúas afectadas.



Modificado o ( viernes, 17 de julio de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >