| PREACORDO SOBRE AGRUPAMENTO DO ALUMNADO |
|
|
| Escrito por FETE | |
| lunes, 13 de julio de 2009 | |
A CONSELLERÍA APLICARÁ O ACORDO A TODOS OS CENTROS E GRUPOS CON ALUMNOS E ALUMNAS DE IDADES MISTURADAS NOS PRÓXIMOS DOUS CURSOSLogo do acordo acadado na Mesa Sectorial entre a Administación e os sindicatos UGT, CCOO, ANPE e STEG; que acadan o 60% de representación do profesorado do ensino público de Galicia; o pasado venres día 10 de xullo tivo lugar a sinatura do texto do preacordo, que pasara por un período de falsa interpretación por parte da Consellería de Educación. A valoración que facemos dende FETE-UGT/Galicia é positiva no senso de que se acada un corpo de criterios para agrupamento de alumnado de infantil e primaria moito máis racional, pedagoxicamente correcto e que vén a corrixir distintas situacións de aplicación que se viñan dando nos distintos centros... FETE-UGT ven facendo un plantexamento serio e rigoroso na primeira proposta e ó longo da negociación. Lémbrese que xa falaramos de implantación progresiva para que fose universal a súa aplicación. O pasado venres, manifestamos claramente as condicións de aplicación para poder asinar este pacto que eran: -Análise de todos os datos de matrícula nos distintos centros. -Compromiso da administración de que as RPTs pasarán pola Mesa Sectorial,unha vez concluído o proceso de matrícula do alumnado. -Adoptar a normativa LOE para educación especial. -Redución do período de implantación a dous cursos. -Análise e negociación nas distintas Xuntas de Persoal para aplicar este acordo. -Constitución dunha comisión de seguemento. -Traslado á CIG do texto final do preacordo para que valore a súa incorporación ó mesmo. Na reunión do venres día 10 para concretar o texto final do acordo, logo de distintas intervencións das OOSS e da Consellería, chégase ó texto coñecido (ver Acordo) que asume practicamente todas as propostas e suxestións que fixera FETE-UGT. Lamentamos que a outra organización da Mesa Sectorial non teña asinado este preacordo e confiamos que nun futuro próximo se poida acometer a negociación para a rebaixa xeralizada de rateos, nomeadamente en ensino infantil. Como tiña reclamado insistentemente esta organización e o constata o programa de goberno do Partido Popular. Tamén nos congratulamos de que CSI-CSIF se sume a este preacordo.
|
|
| Modificado o ( jueves, 16 de julio de 2009 ) |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|








