Actualidade
Portos do Estado Imprimir E-Mail
Escrito por TCM   
miércoles, 01 de julio de 2009

TCM de UGT- Galicia considera que a condición de “interese xeral” dos portos de Marín-Pontevedra e Vilagarcía é irrenunciable

 

A Federación de Transportes Comunicacións e Mar (TCM) de UGT- Galicia, a través do Sector de Portos, rexeita as declaracións realizadas por José Blanco, Ministro de Fomento, nas cales dá coma posible o traspaso dos portos de interese xeral de Marín- Pontevedra e Vilagarcía á Xunta de Galicia...

Dende a TCM de UGT- Galicia manifestamos o noso total desacordo e rexeitamento ante a materialización deste feito, xa que xeraría unha fractura económica e social das comarcas mencionadas. Cabe sinalar que ambos os dous portos teñen a consideración histórica de portos de interese xeral, o que leva consigo o asentamento da industria, así coma a xeración de emprego en torno á actividade portuaria.Unha hipotética completa transferencia da xestión destes portos á Comunidade Autónoma levaría a que estes perdesen a condición de portos de interese xeral. Así mesmo, este feito imposibilitaría a actividade portuaria comercial, tal e como o establece a propia Constitución Española.

 

Dende a UGT solicitamos do Ministro de Fomento que, antes de facer publicamente declaracións deste tipo, trate o tema cos axentes directamente afectados xa que para UGT a condición de portos de interese xeral dos portos de Marín-Pontevedra e Vilagarcía é irrenunciable.
Modificado o ( miércoles, 01 de julio de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE