Inicio
 
     
Actualidade
Congreso FIA-GALICIA Imprimir E-Mail
Escrito por FIA   
lunes, 22 de junio de 2009

FIA alerta que no último ano perdéronse en Galicia 6.000 empregos no téxtil e da difícil situación da lousa cunha caída do 60 por cento das súas exportacións

O IV Congreso da Federación galega de Industrias Afíns (FIA-UGT), que se celebrou este fin de semana en A Coruña, reelixiu a Juan Fernández ao fronte da Secretaría xeral cun respaldo do 98 por cento dos votos...

Apoio que se traslada á nova Comisión Executiva, ao fronte da que está Juan Fernández, e que se complementa coa Secretaría de Organización e Comunicación, Carlos Oliva; Acción Sindical e Sector Mineiro, Roque Vidal; Eleccións Sindicais e Sector Químico, José Paradelo; Formación e Administración, Buenaventura Escolá; Saúde Laboral e Medio Ambiente, José Carlos Casal, Igualdade, Dolores Sánchez; Sector Téxtil e Piel, Mercedes López; e Sector Enerxético, Manuel Malvido.

O IV Congreso de FIA abriu un fondo e longo debate ao redor da situación actual, marcada por unha grave crise froito de varios factores, un boom inmobiliario sen límites á codiza de moitos; a ausencia de ética nas corporacións bancarias e a ausencia de escrúpulos á hora de gañar cartos; e un mercado de materias primas que se viu manipulado ata a saciedade, afectado, sobre todo, polo consumo dos derivados do petróleo que nun momento chegou a acadar cotizacións de 150 dólares por barril, o que colapsou sectores como o da agricultura, pesca ou transporte en xeral.

Ante esta conxuntura, FIA-UGT demanda maior regulación dos mercados; facilitarlles o control ás administracións e a súa entrada nos accionariados das empresas de sectores estratéxicos co fin de asegurar os sectores fronte ao intercambio de accionariados das empresas estranxeiras.

Modificado o ( sábado, 27 de junio de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE