Inicio arrow Servizos, Mobilidade e Consumo (FeSMC) arrow Entrevista Demetrio Chorén
 
     
Actualidade
Entrevista Demetrio Chorén Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña   
sábado, 06 de junio de 2009

demetrio choren

Demetrio Chorén: "Estamos a falar dun antes e dun despois na Compañía de Tranvías".

 Entrevistamos a Demetrio Chorén, Secretario Nacional de Transportes por Estrada e Urbanos de TCM-UGT, un dos compañeiros directamente implicados na negociación do convenio da Compañía de Tranvías da Coruña...

O conflito de Tranvías da Coruña e a folga convocada polos seus traballadores tivo aos usuarios en vilo. Ao final parece resolverse, non?
 
Parece que si. O conflicto ao que refires ven dende a semana pasada, onde nunha asamblea de traballadores, os representantes de UGT e CCOO no Comité de Empresa transladámoslle un primeiro preacordo. Sen embargo, os traballadores deciden non ratificar ese preacordo porque entenden que as súas reivindicacións non estában recollidas. Co cal, vólvese a abrir unha segunda mesa de negociación, onde tamén está presente o concello da Coruña, por medio da concelleira Nieves Vázquez. Asínase esta semana un novo preacordo, polo que se desconvoca a folga prevista.

 E o acordo é ratificado pola maioría da Asamblea. 

  • Efectivamente. O pasado 3 de xuño o Comité de Empresa convoca unha nova asamblea no que se expón as condicións do preacordo, que dura dende as 10 da mañá ata as 8 da tarde, e que conta co apoio maioritario dos asistentes. Así, o 81,18% votaron a favor da sinatura do preacordo, habendo un 17,20% de votos en contra e un 1,62% de abstencións. É dicir, dos 186 traballadores presentes, 151 apoiaron o preacordo.




O 90% das reivindicacións dos traballadores están recollidas no preacordo”...

 

Qué melloras recolle este preacordo?


    • En canto ás tablas salariais, lógrase un incremento que parte dun 4,6 % sobre as tablas reais para o 2009, un 4,25 para o 2010 e un 4,50 para o 2011. Ademais recóllese as retribucións dos festivos e domingos traballados cunha cuantía de 8€ para o 2009, de 14€ o vindeiro 2010 e de 15 € para o 2011. Ademáis, hai un pequeno colectivo de traballadores cun plus de compensación para o que tamén se logra un incremento que satisface as suas demandas.

Demetrio Chorén: "Estamos a falar dun antes e dun despois na Compañía de Tranvías".

 

 Parece un bo acordo.


  • Si. Dende a UGT estamos moi satisfeitos con este preacordo. Valorámolo moi positivamente, especialmente se temos en conta a situación económica que estamos a pasar. O 90% das reivindicacións dos traballadores están recollidas no preacordo, aínda que quedan uns flecos pendientes que estamos a redactar. Cuestións relacionadas cos dereitos das parellas de feito o os servizos xurídicos gratuitos para os traballadores en caso de conflitivadade durante o traballo diario. Algo que é moi frecuente nos transportes urbanos. En todo caso, estamos a falar dun antes e dun despois na compañía de tranvías.

Mencionou antes que o Concello tamén interviu nas negociacións entre a Empresa e os traballadores. ¿Cómo valora esta mediación?

  •  A empresa de tranvías é unha empresa concesionaria do transporte urbano da Coruña. Así, en todo momento o concello mantivo a súa disponibilidade para intervir, amosando un apoio absoluto ás demandas dos traballadores, un apoio que tamén nos chegou por parte do alcalde. Queremos agradecer a actuación do concello e especialmente de Nieves Vázquez.


Dende a UGT actuamos con responsabilidade. Con este acordo, creo que conseguimos o mellor para todos”.

 
Os cidadáns da Coruña poden estar tranquilos, porque parece que o conflicto chegou ao seu fin.
  •  Efectivamente. Esperemos que os usuarios podan seguir empregando o transporte urbano con tranquilidade e queremos dende aquí pedirlles desculpas pola intranquilidade que lles puidésemos causar. En todo momento dende a UGT actuamos con responsabilidade, sabedores dos transtornos que unha folga podería traer para os usuarios. Tratamos de agotamos todas as vías de negociación co fin de acadar unhas boas condicións laborais para os traballadores, sen menoscabar os dereitos dos usuarios, pero tampouco os dos traballadores. E conseguímolo.

 
Cambiando de tema e aproveitando que vostede é responsable do Sector de Transporte por Estrada de TCM-UGT Galicia, cómo está afectando a crise actual ao sector do transporte?
  •  Pois está a afectar especialmente ao transporte de mercadorías e de mensaxería. As empresas privadas que traballan para auxiliares do metal ou da construción son as que o están pasando peor, porque ven moi reducido o seu volume de traballo. Por este motivo están a aparecer Expedientes de Regulación de Emprego que se están a resolver.


Modificado o ( sábado, 13 de junio de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE