Inicio
 
     
Actualidade
Sentenza favorable traballador Comercio Imprimir E-Mail
Escrito por CHTX   
viernes, 05 de junio de 2009

Sentenza favorable a un traballador de Bocatín despois de 5 Anos de loita.

Os servizos xurídicos de UGT gañan unha sentenza, no xulgado do social nº4 da Coruña, de RESOLUCIÓN DE CONTRATO dun afiliado da Federación de Comercio, Hostalaría-Turismo e Xogo. Na devandita sentenza a Maxistrada fundamenta o que é un acoso cara a un traballador, e en cuxo fallo recoñece a indemnización a percibir e o pagamento dunha cantidade polos danos morais, sicológicos, humillantes e vexatorios sufridos ao longo dos últimos 5 anos.

Dende UGT só podemos congratularnos co fallo desta sentenza, na que se demostra a tenacidade dun traballador cunha antigüidade na empresa de 23 anos, pola defensa dos seus dereitos.

Modificado o ( sábado, 13 de junio de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >