Inicio arrow Saúde Laboral arrow 31 de maio, Día Mundial sen Tabaco
 
     
Actualidade
31 de maio, Día Mundial sen Tabaco Imprimir E-Mail
Escrito por UGT   
lunes, 01 de junio de 2009

SEN FUMEUGT recoñece o dereito do traballador a recibir programas de deshabituación na súa empresa



UGT, con motivo do Día Mundial sen Tabaco, recoñece o dereito de todo traballador fumador a recibir programas de deshabituación en horario laboral na empresa con todas as garantías científicas. UGT considera, ao igual que a Organización Mundial da Saúde (OMS), que o inimigo é o fume, non a persoa que fuma.


No Día Mundial sen Tabaco, a Unión Xeral de Traballadores quere manifestar o dereito á protección da saúde de todos os traballadores e a necesidade de avances legais nas medidas que promoven o aire puro, sen fumes tóxicos e canceríxenos. Ao mesmo tempo recoñece o dereito cidadán de fumar en privado. O sindicato tamén recoñece o dereito de todo traballador a recibir programas de deshabituación, en horario laboral e con todas as garantías científicas, na súa empresa. Porque, como di a Organización Mundial da Saúde, o inimigo é o fume, non a persoa que fuma...

O mundo do traballo tamén condiciona as drogodependencias. O posto de traballo é un espazo vital durante os anos de actividade laboral. Para os hoxe afortunados, son moitos anos de dedicación, convivencia e desenvolvemento social. O posto de traballo debe ser ao mesmo tempo un punto forte para a promoción da saúde, optimizando unha organización e método de traballo sen factores de risco físicos, psíquicos ou biolóxicos, ritmo de traballo ergonómico e sen determinantes de exclusión social no seu ámbito.


O obxectivo é previr a multicasualidade da adicción ás drogas dende o posto de traballo para conseguir hábitos en saúde.


O traballador con hábito de fumar ten dereito a recibir programas de información de efecto sinérxico para a promoción da súa propia saúde, cunha visión do problema tabáquico, a súa participación activa, a implicación da empresa, solucións personalizadas, respecto mutuo e necesidade de consenso nas medidas adoptadas, para conseguir a convivencia sen fumes entre fumadores e non fumadores. Terá o apoio dos delegados de prevención, dos membros do Comité de Seguridade e Saúde, na necesaria negociación colectiva, que vai pechar en consenso de todas as partes o capítulo de tabaco e traballo.

Modificado o ( jueves, 11 de junio de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE