Inicio arrow Servizos Públicos (FeSP) arrow Saturación nos xulgados
 
     
Actualidade
Saturación nos xulgados Imprimir E-Mail
Escrito por FSP   
martes, 19 de mayo de 2009

XULGADOSFSP- UGT esixe a creación de novos xulgados e un aumento na plantilla como medidas contra a saturación.

 

A Federación de Servizos Públicos de UGT ven esixindo nos últimos meses a creación de novos xulgados e a contratación de traballadores para solucionar os problemas de saturación dos xulgados, un problema que aumenta como consecuencia do traslado da crise económica aos tribunais. A conflitividade laboral conleva unha maior carga de traballo nos xulgados...

UGT denuncia que "os órganos xudiciais están desbordados en canto ao número de asuntos que se han de tramitar, fallar e executar. A situación é especialmente preocupante nos xulgados civís, sociais e penais, dado o aumento dos procedementos concursais ou o incremento da conflitividade laboral ocasionado polos despedimentos".

 

A creación de novos xulgados e a contratación de traballadores non son as únicas solucións que formulan os sindicatos como solución ás dificultades para tramitar e executar os expedientes que se amontoan nos despachos. Os representantes dos sindicatos tamén propoñen a adquisición de novos sistemas informáticos que contribúan a axilizar as xestións.

 

FSP- UGT demanda a posta en marcha dunha serie de medidas urxentes para poñer solución á saturación dos xulgados: a creación de novos xulgados, a modificación de equipos e a informatización dos mesmos. Os traballadores dos xulgados da Coruña denunciamos hai máis dun ano as dificultades para tramitar todos os expedientes que chegan aos despachos e a conseguinte acumulación de documentos en caixóns e armarios”.

Modificado o ( jueves, 11 de junio de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE