Inicio arrow Servizos, Mobilidade e Consumo (FeSMC) arrow Preaviso de Folga na Cia. de Tranvías de La Coruña
 
     
Actualidade
Preaviso de Folga na Cia. de Tranvías de La Coruña Imprimir E-Mail
Escrito por TCM   
viernes, 15 de mayo de 2009

CIAPreaviso de Folga na Cia. de Tranvías de La Coruña

A Cia de Tranvías propón un retroceso nos dereitos salariais e sociais

O Comité de Empresa da CIA. de Tranvías de la Coruña, S.A., ante a negativa da empresa a atender ás reivindicacións dos traballadores durante a negociación do convenio colectivo, proporalle á asamblea de traballadores/as a convocatoria dunha Folga como medida de presión.

UGT quere denunciar a actitude completamente intransixente da Compañía de Tranvías na mesa de negociación do Convenio. Así, está a rexeitar todas as reivindicacións – de carácter salarial e social- que dende o Comité estamos a plantexar. Chegouse incluso a propoñer un retroceso nos dereitos acadados en anteriores convenios colectivos.  

Como consecuencia, o Comité de Empresa da Compañía de Tranvías proporá na Asamblea de Traballadores- convocada para o luns 18 de maio- que se exerza o dereito de Folga como medida de presión á empresa, co obxecto de que esta poda adoptar unha postura negociadora que atenda ás reivindicacións da parte social.

O Comité de Empresa móstrase aberto en todo momento ao diálogo, máis rexeita calquera imposición que pretenda a empresa. Os traballadores entendemos que a estas alturas debe estar claro que unha negociación colectiva pasa por chegar a acordos, atendendo á boa fe das partes. Unha boa fé que, nesta ocasión, parece que non existe dende a parte empresarial.

En consecuencia, o Comité de Empresa vese obrigado a abocar aos traballadores a exercer o lexítimo dereito de folga, por terse esgotado xa todas as vías de negociación e outras medidas posibles, sen ningún resultado satisfactorio.

Modificado o ( viernes, 15 de mayo de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE