Inicio arrow Saúde Laboral arrow 28 de abril, Día Internacional de Seguridade e Saúde no Traballo
 
     
Actualidade
28 de abril, Día Internacional de Seguridade e Saúde no Traballo Imprimir E-Mail
Escrito por UGT   
lunes, 27 de abril de 2009

SAUDEUGT esixe o cumprimento da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo

Tres traballadores morren ao día no seu centro de traballo...

Cada día tres traballadores perden a vida en España nun accidente de traballo, 23 sofren lesións graves e 2.499 leves.


Estes datos son os motivos polos que
UGT realiza un chamamento a secundar a mobilización convocada pola Confederación Sindical Internacional este 28 de abril, Día Internacional de Seguridade e Saúde no Traballo.


O sindicato advirte que se pode perder parte do avanzado en materia de prevención porque as empresas están a recortar os recursos que destinan á prevención de riscos e a patronal está a dificultar o desenvolvemento da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo pactada no marco do diálogo social en xuño de 2007.

UGT reclama a Goberno e patronal o cumprimento desta Estratexia, que se desenvolva a figura dos axentes territoriais e sectoriais de prevención e se reforme o sistema de xestión das mutuas que están a obstaculizar o recoñecemento das enfermidades profesionais.

 

+ Información Relacionada

> Informe siniestralidad laboral en España

> Día Internacional de la Salud y la Seguridad en el Trabajo

Modificado o ( jueves, 11 de junio de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE