Inicio arrow Saúde Laboral arrow Actualidade arrow Seguridade de Saúde no Traballo
 
     
Actualidade
Seguridade de Saúde no Traballo Imprimir E-Mail
Escrito por UGT   
lunes, 06 de abril de 2009

SEGURIDADE A patronal obstaculiza o desenvolvemento da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo

 UGT e CCOO piden ao Goberno que non permaneza impasible ante a actitude de CEOE e CEPYME

A Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo constitúe un dos puntos máis importantes do Diálogo Social que, co consenso das partes implicadas, prevé importantes medidas en materia de prevención de riscos laborais que deben ser desenvolvidas polo Goberno, as Comunidades Autónomas e os interlocutores sociais cos obxectivos declarados de diminuír a sinestralidade laboral e mellorar de forma progresiva os niveis de seguridade e saúde no traballo e achegarnos aos valores medios da Unión Europea.

Non obstante, dende principios de ano, o desenvolvemento da devandita Estratexia Española encóntrase en vía morta pola vontade obstrucionista da patronal que, boicoteando a constitución do Padroado da Fundación de Prevención de Riscos Laborais está a impedir o normal desenvolvemento desta...

UGT e CCOO denuncian publicamente a actitude irresponsable das patronais españolas que están a comprometer seriamente os obxectivos establecidos na Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo quizais por unha mala interpretación da actual conxuntura socioeconómica, pretendendo forzar modificacións no actual marco de relacións laborais.

Provocar a paralización de medidas consensuadas con anterioridade non pode ser a base de futuras negociacións e as patronais deberían sabelo. UGT e CCOO non van ceder no empeño de mellorar os sistemas de protección da seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras e para iso consideran fundamental o desenvolvemento da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo na súa integridade. 

Reclamamos, coa mesma determinación, unha posición inequívoca do Goberno e das Comunidades Autónomas no desenvolvemento da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo esixindo a posta en marcha de todos os recursos previstos nesta sen máis dilación. Priorizando nas medidas destinadas ás pequenas e moi pequenas empresas, reflectidas nos Obxectivos 1, 2 e 3 desta. Fortalecendo o papel dos interlocutores sociais para conseguir a implicación de empresarios e traballadores na loita contra a sinestralidade e a precariedade laboral.

Recordar que no noso país unhas 400.000 empresas, de entre 6 e 49 traballadores, non teñen representación dos traballadores e das traballadoras e que o 59% dos accidentes sucedidos en España prodúcense en empresas de menos de 50 traballadores. A isto hai que engadir o problema da temporalidade, a mortalidade entre os traballadores cunha antigüidade inferior a un mes é un 15% máis alta que a media. Do mesmo modo, os traballadores menores de 24 anos sofren un 27% máis de accidentes mortais que o resto.


Se o compromiso asumido polo Goberno coa aprobación da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo foi a de dotarnos dun instrumento que combatese de xeito integral, racional e coherente a sinestralidade laboral, non pode permanecer impasible ante o bloqueo imposto pola CEOE e CEPYME.
 

Modificado o ( lunes, 06 de abril de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
Destacados