Inicio arrow Transp; Comunic; Mar (TCM) arrow Enxuizamento da catástrofe do Prestige
 
     
Actualidade
Enxuizamento da catástrofe do Prestige Imprimir E-Mail
Escrito por TCM   
lunes, 06 de abril de 2009

prestigeUGT teme que a catástrofe do Prestige se salde, xudicialmente, cun chibo expiatorio na figura do capitán do petroleiro.


 

Ante a publicación do auto xudicial que exculpa os responsables políticos que, durante o Goberno de Aznar, xestionaron a crise que provocou o afundimento do petroleiro Prestige, UGT non entendería que tan colosal catástrofe se saldase co capitán do buque como único culpable, quen se limitou a seguir as instrucións do persoal que coordinou as ordes do Ministerio de Fomento. Aqueles que xestionaron o desastre non deben quedar exonerados de toda culpa.

O auto xudicial que exculpou os responsables políticos e técnicos que xestionaron a catástrofe ambiental provocada polo afundimento do petroleiro Prestige, no ano 2002, e que actuaron baixo mando do Ministerio de Fomento, entón dirixido polo ministro Francisco Álvarez Cascos durante a segunda lexislatura do Goberno Aznar, pon no punto de mira o capitán do buque, Apostolos Mangouras -xunto ao seu xefe de máquinas e ao primeiro oficial-, como único responsable dun desastre que tivo consecuencias nefastas para o ámbito natural da costa galega con perniciosos efectos sobre o sector pesqueiro da zona...

Sen entrar nalgunhas irregularidades denunciadas en determinados medios informativos -como o feito de que un dos peritos que elaborou o informe sobre o que se sustenta o auto xudicial fóra asesor do Ministerio de Fomento durante a xestión da crise-, se queremos denunciar que sería vergonzoso que unha persoa como o capitán do buque, que se limitou a obedecer as ordes do persoal coordinado dende a Capitanía Marítima coa tutela do Ministerio de Fomento, fóra o cabeza de turco dunha marea negra que salpicou, sen dúbida, máis dun responsable político do citado Ministerio cuxa ineptitude e descoñecemento do oficio propiciaron, entre outros factores, a toma dunha cadea de decisións que remataron en catástrofe.

Como sindicato, non podemos consentir que se deslexitime e criminalizar a todo un colectivo profesional, representado neste caso por Apostolos Mangouras e os seus inmediatos colaboradores, que goza da preparación técnica e a experiencia daqueles que teñen un profundo coñecemento dun oficio que require dun alto grao de cualificación. Se o poder xudicial deste país dá carpetazo a este asunto como parece que vai facelo, daremos un motivo máis a este sindicato e, probablemente, a toda a sociedade para recear da capacidade para impartir xustiza daqueles aos que se lles presupón un coñecemento do dereito e unha lexitimidade para aplicalo que non sempre parece axustarse aos principios da razón.
Modificado o ( lunes, 06 de abril de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE