Inicio arrow Servizos Públicos (FeSP) arrow Conflicto sindical en Betanzos
 
     
Actualidade
Conflicto sindical en Betanzos Imprimir E-Mail
Escrito por FSP   
miércoles, 01 de abril de 2009

UGT nega a politización da acción sindical no concello de Betanzos.

 

Ante as acusacións da Alcaldesa de Betanzos de que a actividade sindical de UGT está motivada pola cor política do Goberno de Betanzos, a Federación de Servizos Públicos de UGT manifesta que isto é unha total mentira e que co anterior Goberno Municipal tamén tivo a UGT fortes enfrontamentos ao defender os dereitos dos traballadores.

Segundo a FSP-UGT durante o mandato do anterior Goberno de Betanzos mesmo demandaron o Concello e gañaron unha Sentenza que condena ao Concello a implantar un Plan de Pensións.

Dende a Federación Provincial manifestan que non nos importa a cor política do Equipo de Goberno de ningún Concello; limitámonos a defender os dereitos dos traballadores e afiliados coa mesma forza" "con independencia de quen goberne".

UGT afirma que é vergonzosa a forma en que a Alcaldesa se estivo a burlar dos traballadores e os seus representantes, tomándolles o pelo con promesas que logo non cumpriu e desprezando os traballadores cos salarios máis baixos.

Segundo UGT os salarios dos empregados do Concello de Betanzos son os máis baixos de toda a bisbarra e algúns servizos están moi deficientemente cubertos xa que non se cobren as vacacións nin as baixas por enfermidade, polo que se sobrecarga de traballo aos demais traballadores.  Dende UGT témense que isto sexa unha estratexia para acabar privatizando o servizo. A Executiva Provincial de FSP-UGT manifesta o seu total apoio ao mantemento duns Servizos Públicos de calidade prestados por traballadores cuns salarios dignos.

Modificado o ( miércoles, 01 de abril de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
DESTACADOS
ASESORÍA
EN REDE