| Manifesto UGT A Coruña |
|
|
| Escrito por Isabel Lema | |
| domingo, 08 de marzo de 2009 | |
|
Día Internacional da muller traballadora Polo emprego e a igualdade Un ano mais, a UGT da Coruña conmemoramos o Día Internacional da Muller Traballadora, un día no que facemos recoñecemento do traballo sindical e do esforzo desempeñado polas nosas compañeiras en defensa dos dereitos das traballadoras e dos traballadores, especialmente nun ano coma este no que a clase traballadora está sufrindo severamente a crise económica e a destrucción de desemprego no noso país... Neste senso, os sindicatos debemos seguir alerta e traballar para que en momentos de crise como o que actualmente estamos a vivir as persoas que sofren unha maior precariedade laboral, como o son as mulleres e a xente moza, non vexan prexudicados os seus dereitos laborais, nin as melloras adquiridas. No 8 de marzo facemos balance dos avances en materia de igualdade. Aínda que ao longo dos últimos anos a situación laboral das mulleres galegas mellorou significativamente, isto non é o suficiente: A nosa taxa de actividade sitúase por debaixo da dos homes, ao igual que a de ocupación, e a tasa de paro segue sendo superior á dos homes. Dende a UGT apostamos sempre polo diálogo social e a negociación colectiva como un instrumento para acadar a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, obxectivos que se materializaron na Lei de Igualdade ou na Lei de Traballo en Igualdade das mulleres en Galicia. Neste marco de concertación social, dende a UGT seguiremos a traballar para lograr a igualdade salarial entre homes e mulleres, e eliminar a segregación laboral da muller, tanto horizontal como vertical. Porque a igual traballo, igual salario, e ante iguais capacidades, as mesmas oportunidades para desempeñar un posto de responsabilidade ou de dirección. Por iso, neste Día da Muller Traballadora seguimos a demandar políticas activas que protexan a maternidade e incentiven a corresponsabilidade no coidado dos fillos e fillas. Reivindicamos medidas como: A creación e mellora dos servizos públicos para o coidado dos menores, especialmente de entre 0 a 3 anos; o desenvolvemento da Lei de Dependencia; ou a ampliación a 4 semanas do permiso de paternidade. En segundo lugar, manifestamos unha vez máis a nosa profunda repulsa pola violencia machista, a asignatura pendente no noso país. 70 mulleres mortas, 6 en Galicia, a mans das súas parellas ou ex-parellas é o negro balance de 2008. Non debemos esquecer tampouco que, vencellada á violencia de xénero, atópase tamén a explotación sexual das mulleres e de nenos e nenas, algo que ocorre no noso país, pero que é común en todo o mundo. As situacións de pobreza extrema ou e conflito armado favorece a perpetuación da violencia sobre as mulleres, que son violadas, golpeadas, escravizadas ou asasinadas sistematicamente sen que, na maioría dos casos, os autores e instigadores destas atrocidades, reciban castigo algún. Os máis desfavorecidos seguen precisando da nosa solidariedade. Hoxe máis ca nunca, debemos estar todos xuntos na loita polo emprego e a igualdade. Aínda nos queda moito camiño por percorrer, máis non debemos retroceder ou perder aquelo que acadamos con tanto esforzo. Debemos seguir traballando, no seo da nosa organización, por un traballo decente e unha vida decente para todas as mulleres. Porque defender e loitar pola igualdade, contra a discriminación laboral, contra a violencia de xénero e contra a pobreza, significa tamén avanzar cara a construcción dunha sociedade máis xusta, máis equitativa, e máis libre. |
|
| Modificado o ( domingo, 27 de septiembre de 2009 ) |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|









