Inicio
 
     
Actualidade
Respostas e Propostas de UGT ante a crise Imprimir E-Mail
Escrito por UGT   
martes, 13 de enero de 2009

Respostas ante a crise UGT presenta a campaña "Respostas e Propostas de UGT ante a crise".


O Secretario Xeral de UGT, Cándido Méndez, presentou esta mañá a campaña "Respostas e Propostas de UGT ante a crise" , e destacou as últimas propostas de UGT ao Goberno para paliar os efectos da crise sobre os traballadores: esgotar as posibilidades de ampliar as prestacións sociais daqueles colectivos que as consumen por diversas causas e establecer mecanismos reguladores para que, tanto os empresarios como os sindicatos, manteñan un seguimento exhaustivo do plan de investimentos públicos do Executivo.


A UGT considera que, a pesar da ampla cobertura do actual sistema de prestacións por desemprego "é necesaria a súa modificación porque hai desaxustes na prestación dalgúns colectivos". Así mesmo faise esencial "realizar un seguimento da inxección de liquidez do Goberno ás empresas, xa que as iniciativas que está a tomar o Executivo para os investimentos públicos non estiveron vinculadas ao Diálogo Social"...

Acordo interconfederal de Negociación Colectiva


Para o Secretario Xeral de UGT, no actual escenario de crise, é necesario manter o actual modelo de determinación de salarios xa que "quedou demostrado que é flexible para adaptarse a calquera tipo de situacións", e destacou que, para mellorar a renda das familias, "hai que preservar o emprego e mellorar os salarios", en contraposición coa conxelación salarial proposta pola patronal.


O documento presentado hoxe corresponde a unha campaña informativa e reivindicativa de UGT en diversos territorios de España á que está previsto que se sume CCOO nos próximos días. Con elas, UGT priorizar a reactivación económica, a defensa dos dereitos dos traballadores, e o cambio de modelo produtivo.

Modificado o ( martes, 13 de enero de 2009 )
 
< Anterior   Siguiente >