|
Folga no Comercio coruñés |
|
|
|
Escrito por CHTX
|
|
sábado, 08 de noviembre de 2008 |
O Comercio da Provincia da Coruña convoca folga para as vésperas do Nadal.
Os traballadores do comercio na Coruña irán á folga os días 28 de novembro, 24 de decembro e 5 de xaneiro, en caso de non chegar a un acordo antes coa patronal. Segundo os sindicatos, UGT, CC.OO. e CIG, a medida tómase ante a negativa da patronal de negociar «un convenio digno»...
Na Coruña os salarios están entre un dez e un quince por cento por debaixo do resto de España, non hai compensación por abrir domingos e festivos, está sen regular a contratación a tempo parcial, e non hai medidas de conciliación laboral nun sector altamente feminizado, como o do Comercio vario. As tres centrais sindicais celebrarán unha concentración previa o 15 de novembro nas portas de Palexco con motivo do Congreso Galego sobre Comercio. |
|
Modificado o ( lunes, 17 de noviembre de 2008 )
|