Inicio
 
     
Actualidade
Conflito ártabra Imprimir E-Mail
Escrito por FTA   
jueves, 22 de mayo de 2008

REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES DE ARTABRA- SARIA RÉUNENSE COA ALCALDESA DE ARTEIXO

Os representantes dos traballadores comunicáronlle a súa intención de levar a cabo mobilizacións se a empresa non se sinta a negociar.

Os representantes dos traballadores de Ártabra e o secretario xeral do sindicato alimentario de UGT, reuníronse a mañá do mércores coa alcaldesa de Arteixo, Pilar Souto, para transmitirlle a súa preocupación polo conflito laboral que viven na súa empresa agravado en datas recentes.

Os traballadores mostráronlle a súa inquietude pola modificación unilateral que a empresa realizou da xornada laboral, ademais da súa negativa a sentar a negociar o convenio colectivo da empresa. "Este comportamento e actitude por parte da empresa é a que nos leva a tomar medidas de presión para solucionar o conflito" expúxolle José Antonio Pombo, representante dos traballadores.

Así mesmo, Pombo considerou "indigno que unha multinacional como Saria permita nunha dos seus fabrica este tipo de comportamentos abusivos". Os traballadores acusan a empresa de obrigar os traballadores de Etts a realizar xornadas que superan con moito o máximo legal para non sentar a negociar con eles.

A alcaldesa de Arteixo mantívose en todo momento receptiva ás demandas dos traballadores, e moi preocupada polas posibles incidencias que estas medidas puidesen causar aos habitantes de Arteixo, tanto de saúde pública aos núcleos de poboación próximos á factoría de Suevos, como problemas de malos olores en todo o municipio. A alcaldesa comprometeuse a poñerse en contacto coa empresa para intentar mediar no conflito e que este se resolva o antes posible e cause os menores danos.

Os traballadores de Ártabra reuniranse o sábado en asemblea para decidir as medidas que van tomar para obrigar a empresa a sentar a negociar.

Modificado o ( martes, 11 de diciembre de 2012 )
 
< Anterior   Siguiente >
 
Destacados