| ASESORÍA XURÍDICA |
|
|
| Escrito por UGT Coruña | |
| martes, 01 de mayo de 2007 | |
Asesoría Xurídica de UGT-CoruñaOs servizos xurídicos constitúen un instrumento básico para a Unión Xeral de Traballadores, pois complementan a acción sindical e fan posible unha completa defensa dos afiliados ao sindicato e dos traballadores en xeral. Os servizos xurídicos son un servizo para os afiliados a UGT e aos traballadores/as da Comarca da Coruña, que atenden tanto aos traballadores por conta allea coma aos autónomos ou funcionarios. Prestan o servizo de asesoramento e defensa no ámbito laboral, tanto de carácter colectivo como individual. Nos nosos servizos xurídicos trátanse todo tipo de asuntos laborais: contratación, vacacións, retribucións, sancións, períodos de enfermidade, excedencias, fin de contrato, liquidacións, indemnizacións, despedimentos, reclamacións das cantidades pendentes de aboamento, prestacións por desemprego, xubilación, viuvez, orfandade, invalidez, etc, asumindo a defensa do traballador ante os organismos administrativos ou xurisdicionais.
O asesoramento xurídico aos afiliados e afiliadas da UGT lévase a cabo directamente por asesores/as laborais, graduados/as sociais e avogados/as con asesoramento directo. A Asesoría Xurídica de UGT-Coruña está conformada polos seguinte profesionais: - Antonio Pousa Merens (Avogado) - José Páramo Sureda (Avogado) - José L. Varela Sánchez (Graduado social) - Mª Teresa López García (Graduada social) O horario de atención ao público da asesoría xurídica é o seguinte: De Luns a Xoves, de 17:00 a 20:00. R/ Fernández La Torre, 27. Tfno: 981 23 56 91.
Mes de Xullo : Luns e Martes, de 17:00 a 20:00. Mércores e xoves, de 13:00 a 14:30. Mes de Agosto: De Luns a Xoves, de 13:00 a 14:30. |
|
| Modificado o ( martes, 11 de diciembre de 2012 ) |
Asesoría Xurídica 






