Inicio arrow Xuventude arrow Convocatoria de prazas da Fundación Galicia-Europa
 
     
Actualidade
Convocatoria de prazas da Fundación Galicia-Europa Imprimir E-Mail
Escrito por Isabel Lema   
martes, 13 de noviembre de 2007

Convocatoria de prazas da Fundación Galicia-Europa: 

7 prazas para a realización de prácticas de formación nas oficinas de Santiago de Compostela (3) e Bruxelas (4) durante o ano 2008, que poden solicitarse ata o 9 de novembro.

Convoca: Fundación Galicia Europa.

Convocatoria de:

  • 7 prazas para a realización de prácticas de formación nas oficinas de Santiago de Compostela (3) e Bruxelas (4) durante o ano 2008, que poden solicitarse ata o 9 de novembro.

  • 5 prazas para a realización de estudos de posgrao sobre a integración europea no Colexio de Europa, a Universidade Libre de Bruxelas ou a Universidade Católica de Lovaina para o curso académico 2008- 2009. A data límite para a presentación de solicitudes é o 15 de xaneiro de 2008 para o colexio de Europa e o 15 de abril de 2008 para as outras universidades.

  • 5 prazas para a realización de estadías dunha semana na oficina da FGE de Bruxelas dirixidas a traballadores das entidades vinculadas á Fundación Galicia Europa (Xunta de Galicia, Banco Pastor, Caixa Galicia, Caixanova, Consorcio Zona Franca de Vigo, Cámaras de Comercio Galegas e Deputacións da Coruña, Pontevedra e Ourense). O prazo para presentar estas solicitudes remata o 31 de xaneiro de 2008.

  • 18 mensualidades de bolsa para financiar estadías non remuneradas en institucións comunitarias de como máximo 5 meses cada unha. Estas axudas concédense segundo a orde de recepción de solicitudes ata esgotar o crédito orzamentado.

Informa: DOG do 25 de outubro de 2007. Fundación Galicia-Europa. Rúa dos Feáns 3 C baixo, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono 981 541 012. web: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu

 

 
< Anterior   Siguiente >
 
Destacados