Inicio
 
     
Actualidade
UGT-Galicia propón un plan de choque polo emprego e mellorar a empregabilidade das persoas en paro Imprimir E-Mail
Escrito por UGT Coruña Cee   
jueves, 09 de mayo de 2019

UGT-Galicia propón un plan de choque polo emprego e mellorar a empregabilidade das persoas en paro

O Sindicato denuncia que o peso dos contratos a tempo parcial ou temporais ocupa cada vez maior parte do mercado laboral


Aínda que o paro baixa, propio deste mes, despois das contratacións de Semana Santa e xa o comezo das contratacións do verán, é dicir, de novo un claro comportamento estacional, a UGT-Galicia preocúpalle moito o peso dos contratos a tempo parcial e os temporais, así como, o elevado volume de desemprego estrutural, de longa duración, sen dereito a prestacións, consecuencia da ausencia histórica das políticas de emprego axeitadas.

O Sindicato considera que o Goberno que se configure tras as recentes eleccións, así como a Administración galega dentro das súas competencias, deben configura un plan de choque polo emprego con carácter inmediato para establecer medidas vinculadas á preservación do medio ambiente, como a limpeza das ribeiras dos ríos, os bosques e as costas. Ademais de profundar na protección ás persoas, fortalecer o papel dos servizos públicos de emprego e mellorar a empregabilidade das persoas no desemprego.

Así, en Galicia contráese o paro no mes de abril un 2,7%, evolución similar con respecto ao que sucede no Estado, no que cae tamén o 2,8%. Temos 166.226 persoas desempregadas en Galicia, 4.615 menos que no mes anterior. No Estado hai 3.163.566 persoas desempregadas, unha contracción no mes de 91.518 persoas.

Se temos en conta a variación interanual, hai en Galicia unha contracción do 8,8%, 16.065 persoas desempregadas menos e neste caso cunha contracción moito maior que na media estatal, onde foi do -5,2% (172.302 menos).

As mulleres seguen a ser as grandes prexudicadas

Por sexos, hai unha mellor evolución do desemprego nos homes, xa que neles cae no mes no 3,1% e nas mulleres cae menos, o 2,4%. Incrementa a peor posición das mulleres que os homes, hai unha fonda brecha por sexos no desemprego, o 57,8% do total. As cifras falan por si mesmas, 70.068 homes e 96.158 mulleres. No ano mentres que nos homes cae o 10,3% nas mulleres o 7,7%.

Son 8.070 mozos e mozas menores de 25 anos desempregados, cae no mes o 4,5%, con maior intensidade, 1,8 puntos máis que no conxunto de idades. No ano a caída tamén moi superior á do conxunto de idades, nos menores de 25 anos diminúe o 11,3%.

Ao analizar por sectores de actividade, prodúcese unha contracción en todos os sectores, con maior contundencia nos servizos, o -3,4%; o -2,0% na construción; o -1,3% na industria; o -0,7% no sector primario e o -0.4% no colectivo de sen emprego anterior. Nos servizos cae o desemprego en 3.991 persoas, o 87% da caída do paro. Nun mes que inclúe a Semana Santa, o turismo, comercio e hostalaría disparan as súas contratacións. Tamén é un mes no que se abren moitas contratacións fixas descontinuas ate outubro.

En termos absolutos, dado o seu volume de ocupación, de terciarización da economía, no que máis se contrae é no dos servizos, no ano -8.931. Na construción contráese o -19%; no colectivo sen emprego anterior, o -9,4% ; na industria o -9,1%; no primario, o – 8,2%; e nos servizos, o -7,3%.

Máis de 80.000 contratos para tan só 6.187 afiliados máis á Seguridade Social

Cos datos de abril compróbase que se fixeron 83.967 contratos nun mes para un incremento de 6.187 afiliados tan só, medrando con respecto ao mes anterior o 11,2%. No mes medra tanto a indefinida como a temporal, pero mentres que na indefinida medra un 1,6%, na temporal faino o 12,2%. No mes de abril, pola Semana Santa, as contratacións temporais dispáranse.

Con respecto ao ano pasado, aumento do 2,6% da contratación, pero caída contundente da indefinida, o -11,2%, e medra o 4,1% a temporal .

Tan só o 8,69% son contratacións indefinidas

A porcentaxe de contratación indefinida é do 8,69% (no mes de abril do ano pasado foi superior, o 10,4%). Pero temos que ter en conta que o ano pasada a Semana Santa non foi en abril.

Unha taxa de cobertura por desemprego baixísima e de carácter asistencial

O número de beneficiarios de prestacións foi de 89.879 (último dato dispoñible o de marzo). A taxa de cobertura foi do 57,5%, deixando fora do sistema de protección por desemprego a 80.972 persoas, tendo en conta tanto aos que teñen dereito a cobertura por desemprego como aos que non o xeraron previamente. No Estado a taxa de cobertura é superior no mes, do 59,6%.

Hai 40.274 persoas beneficiarias de prestacións por desemprego de carácter contributivo, tan só o 44,8% do total, o que indica a precariedade na cobertura por desemprego, e cun importe medio de 789,3euros (Contía media prestación contributiva percibida por beneficiario (euros/mes)). (817,8 euros no Estado)

A gran maioría da cobertura dos desempregados é de carácter asistencial, ben sexan Subsidio (42.266) Renda activa de inserción (7.332 persoas perceptoras) ou Programa de activación emprego (7 persoas beneficiarias).

Supérase o millón de persoas afiliadas/cotizantes a Seguridade Social, foron 1.010.592 as persoas no mes, medrando con respecto ao mes anterior o 0,6%, evolución menos acusada que no Estado no que medra o 0,98% (hai 19.230.362 afiliados / cotizantes).

No ano en Galicia medra un 2,14% en 21.175 persoas, con menor incidencia que no Estado, onde foi do 2,95% (551.901máis).

Modificado o ( viernes, 10 de mayo de 2019 )
 
Siguiente >