Estacionalidade, rotación e a baixa calidade das contratacións |
![]() |
![]() |
Escrito por UGT Galicia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
jueves, 03 de enero de 2019 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec |
56,2 | 56,4 | 56,5 | 57,2 | 57,5 | 57,8 | 58,3 | 58,5 | 58,7 | 58,2 | 57,6 | 56,7 |
O desemprego tamén cébase nos mozos e mozas, aínda que mellora
Na nosa Comunidade son 7.858 desempregados mozos e mozas menores de 25 anos. É certo que cae o desemprego no mes, nun 9,44 por cento, cunha evolución moito máis acusada que no conxunto de idades. No ano tamén ten unha caída máis acusada que no conxunto de idades, nos menores de 25 anos diminúe 9,8 por cento.
A estacionalidade afecta ao paro por sectores
Ao analizar por sectores de actividade prodúcese unha evolución desigual, compróbase que medra con contundencia no mes na Construción, o 6,1 por cento, e na Industria, o 4,4 por cento, tamén no Sector Primario, cun aumento do 3,1 por cento. Cae, polo contrario, e influindo no total, xa que aporta e compensa o aumento dos restantes sectores, nos Servizos, cunha caída do 1.97 por cento (2.295 persoas desempregadas menos) e no colectivo Sen Emprego Anterior cunha caída do 4,46 por cento .
En termos anuais, o descenso é acusado no conxunto de actividades, con porcentaxes moi elevados de contracción na Construción, cunha diminución do 17,5 por cento, na Industria, cunha caída do 10,3 por cento e no grupo de Sen Emprego Anterior, no que cae nun 9 por cento. Tamén diminúe, pero con menor intensidade, o 6,9 por cento, nos Servizos e o 5,8 por cento no Sector Primario.
Paro total | Agricultura / Gandería | Industria | Construción | Servizos | Sen emprego anterior | |
2018 Decembro | 169.295 | 6.583 | 19.693 | 14.963 | 113.949 | 14.107 |
Variación absoluta mes anterior | -1.074 | 195 | 824 | 860 | -2.295 | -658 |
Variación relativa | -0,63 | 3,05 | 4,37 | 6,10 | -1,97 | -4,46 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior | -15.718 | -409 | -2.251 | -3.177 | -8.487 | -1.394 |
Variación relativa | -8,5 | -5,8 | -10,3 | -17,5 | -6,9 | -9,0 |
Contratación
Cos datos do mes de decembro compróbase que se fixeron 72.251 contratos no mes, caendo con respecto ao mes anterior nun 14.42 por cento, pero medrando con respecto a un ano nun 1 por cento. No mes caen tanto a contratación temporal como a indefinida.
A temporalidade na contratación segue a ser unhas das debilidades do noso mercado de traballo, xa que a porcentaxe de contratación indefinida en Galicia é só do 8,62 por cento.
A taxa de cobertura segue estando por debaixo da media de España, xa de por si moi baixa
O número de beneficiarios de prestacións en novembro foi de 87.611 persoas (último dato dispoñible). En Galicia a taxa de cobertura foi do 56,3 por cento, deixando fora do sistema de protección por desemprego a 82.758, tendo en conta tanto aos que teñen dereito a cobertura por desemprego como aos que non o xeraron previamente. No Estado a taxa de cobertura é superior no mes, do 59,9 por cento.
Na nosa Comunidade hai 40.313 persoas beneficiarias de prestacións por desemprego de carácter contributivo, tan só o 46 por cento do total, o que indica a alta precariedade na cobertura por desemprego, e cun importe medio de 789,8 euros (Contía media da prestación contributiva percibida por beneficiario, en euros/mes)
A gran maioría da cobertura dos desempregados en Galicia é de carácter asistencial, ben sexan de Subsidio (39.351 persoas), Renda Activa de Inserción (7.878 persoas perceptoras) ou Programa de Activación Emprego (69 persoas beneficiarias).
Afiliación á Seguridade Social
As persoas afiliadas/cotizantes á Seguridade Social en Galicia foron 1.006.107 no mes de decembro, cifra que cae con respecto ao mes anterior nun 0,37 por cento de diminución. Ista é unha evolución contraria á do Estado no mes, xa que en España a afiliación á SS medra nun 0,41 por cento (hai 19.024.165 afiliados/cotizantes).
En termos interanuais, en Galicia medra a afiliación nun 2,1 por cento, con 20.659 persoas máis, pero con menor incidencia que no Estado, onde o aumento foi do 3,06 por cento .
GALICIA | Decembro 2018 | VARIACIÓN SOBRE | | | |
| | Mes anterior | | Mesmo mes ano anterior | |
| | nº | por cento | nº | por cento |
DESEMPREGO | | | | | |
Nº desempregados rexistrados | 169.295 | -1.074 | -0,6 | -15.718 | -8,5 |
* homes | 73.383 | 1.082 | 1,5 | -8.115 | -10,0 |
* mulleres | 95.912 | -2.156 | -2,2 | -7.603 | -7,3 |
Nº parados mozos < 25 anos | 7.858 | -819 | -9,4 | -852 | -9,8 |
Nº desempregados por sectores* | |||||
* agricultura | 6.583 | 195 | 3,1 | -409 | -5,8 |
* industria | 19.693 | 824 | 4,4 | -2.251 | -10,3 |
* construción | 14.963 | 860 | 6,1 | -3.177 | -17,5 |
* servizos | 113.949 | -2.295 | -2,0 | -8.487 | -6,9 |
* sen emprego anterior | 14.107 | -658 | -4,5 | -1.394 | -9,0 |
Beneficiarios prestación por desemprego (novembro) | 87.611 | | | | |
Taxa de cobertura prestación por desemprego (novembro) | 56,30 | | | | |
Parados totais sen ningún tipo de prestación (novembro) | 82.758 | | | | |
CONTRATACIÓN | | | | | |
Nº contratos | 72.251 | -12.176 | -14,4 | 720 | 1,0 |
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) | 6.228 | -1.846 | -22,9 | 863 | 16,1 |
Nº contratos temporais | 66.023 | -10.330 | -13,5 | -143 | -0,2 |
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL | | | | | |
Nº afiliados/cotizantes (datos provisionais) | 1.009.871 | -3.764 | -0,4 | 20.659 | 2,1 |
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social | | | | | |
< Anterior | Siguiente > |
---|